Aión ou Haión, finado despois de 811, foi duque de Friúl, despois da morte (sobre 808) de Hunfrido (que, para algúns, só sería a margrave de Istria, pero non duque de Friúl, pois en ningún documento aparece co título de dux e, por outra banda, é mencionado varias veces como marchio, e neste caso sería duque despois da morte de Eric no 799); gobernaría ata ao nomeamento de Cadaloh (Cadolah) en 817.

Modelo:BiografíaAión de Friúl
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte817 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario, missi dominici Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Carolinxio Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Friúl (808–817) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aión recibiu terras por primeira vez no Ducado de Friúl [1] de Carlomagno o 2 de febreiro de 799. Carlomagno máis tarde confirmou a división da propiedade entre os fillos de Aión o 7 de xullo de 809: o fillo máis vello, Alboíno ou Albuíno, recibiu terras en Friúl e Vicenza; o segundo, Ingoberto, recibiu terras en Vicenza, e o máis novo, Agisclaf, recibiu Verona. As propiedades de Aión eran extensas e as súas doazóns aos seus fillos tiñan que ser confirmadas polo mesmo emperador.

De acordo con Exinardo e os Anais de Fulda, Carlomagno enviou (811) a Haidón, bispo de Basilea, a Hugo, conde de Tours e Aión, como missi dominici, para atoparse cos emisarios de Constantinopla e confirmar a Paz de Nicéforo de 803 .

  1. De feito, fóronlle concedidas terras no territorio Foroiulense et Vicentino atque Veronense: "no territorio de Friúl e Vicenza, así como en Verona".

Véxase tamén

editar

ligazóns externas

editar