AgustaWestland Apache
O AgustaWestland Apache é unha verión fabricada baixo licenza do helicóptero de ataque Boeing AH-64D Apache Longbow para o corpo aéreo do exército británico. Os primeiros oito aparello foron construídos por Boeing e os 59 restantes por Westland Helicopters (agora parte de Leonardo) e Yeovil, Somerset, a partir de kits proporcionados por Boeing. Entre os cambios con respecto ao AH-64D están os motores Rolls-Royce Turbomeca, unha nova suite electrónica de apoio defensivo e un mecasismo para pregar as palas que lle permite á versión británica operar en buques. O helicóptero foi designado inicialmente WAH-64 por Westland Helicopters e despois recibiu o nome de Apache AH Mk 1 polo Ministerio de Defensa.
AgustaWestland Apache | |
---|---|
![]() | |
Tipo | helicóptero de ataque |
Fabricante | Westland Helicopters |
Primeiro voo | setembro de 1998 |
Introducido | 2004 |
Produción | 1998-2004 |
Unidades construídas | 67 |
O Apache usouse de forma valiosa como apoio aéreo próximo na guerra de Afganistán, sendo despregado na rexión en 2006. O Apache foi obxecto de controversia debido á intalación dalgunhas armas, como municións de acio. Os ensaios navais e os depregamentos temporais no mar demostraron que o aparello é unha plataforma capaz de operar dende buques. Os Apache británicos tamén serviron na operación militar en Libia da OTAN en 2011 operando dende baarcos da Royal Navy.
Desenvolvemento
editarO requirimento para un novo helicóptero de ataque foi identificado polo goberno británico a principios dos 90. En 1993 iniciouse un proceso de licitación. As ofertas recibidas incluían o Eurocopter Tiger un Bell AH-1 SuperCobra modernizado, o AH-64 Apache, o Boeing/Sikorsky RAH-66 Comanche, e o Agusta A129 Mangusta.[1] Tanto o Tiger como a variante do Cobra foron ridiculizadas por requirir desenvolvemento, e polo tanto se consideraban arriscados, mentres que o Apache xa fora probado en combate, aínda que o seu rendemento na primeira guerra do Golfo foi criticado pola competencia.[1] Westland e o Apache foron seleccionados en xullo de 1995 asinándose un contrato por 67 helicópteros en 1996.
En setembro de 1998 Westland fabricou o primeiro prototipo WAH-64 Apache baixo licenza de Boeing.[2] Os primeiros nove Apache AH1 foron autorizados para o servizo polo director da Aviación do Exército británico o 16 de xaneiro de 2001.[2] O 67º e derradeiro aparello foi entregado en xullo de 2004.[3] A frota de helicópteros custou ao redor de 3 100 millóns de libras, cun custo total de adquisición de 4 100 millóns. A fiabilidade fora cuestionada polas operacións dos Apache estadounidenses, toda a frota nos Balcáns foi paralizada en terra debido a problemas graves no rotor de cola en 1999.[4][5] En 1998 o desenvolvemento do radar do Longbow estaba en problemas debido ao seu peso, impacto sobre a axilidade do aparello, e as súas habilidades de transferencia de datos.[6] Eses problemas con compoñentes claves da aeronave, e o alto custo na frota, fixo que se convocase a súa cancelación en 1999.[7]
Cando o requisito para o Apache formalizouse a principios dos 90, a doutrina militar asumía que un grande ataque blindado convencional do Bloque Leste era a maior ameaza para o Reino Unido. Tras o colapso e desintegración da Unión Soviética os conceptos de flexibilidade e resposta rápida tiveron prioridade. A Revisión Estratéxica de Defensa británica pediu que os Apache realizasen misións de ataque anfibio, operando dende o portahelicópteros HMS Ocean, os portaavións da clase Invincible e os seus sucesores, os clase Queen Elizabeth, e posiblemente tamén dende os buques de asalto HMS Bulwark e Albion. Cada escuadrón equipado co Apache debería ter oito aeronaves operacionais.[8]
O Westland Apache experimentou atrasos na súa entrada en servizo debido a complicacións coas modificacións realizadas para o servizo británico. Antes da entrada en servizo do aparello en 2004 observáronse varios problemas de desenvolvemento, como a falta de habilidade para comunicarse con seguridade con outros helicópteros e o risco de danos no rotor de cola e na célula ao disparar os mísiles Hellfire.[9][10] O problema co uso do Hellfire era os restos xerados ao ser disparados, problema que tamén ocorría cos foguetes CRV7, que podían impactar co corpo do aparello e causar danos; resolver este problema cousou un atraso no programa de adestramento. Eses problemas corrixíronse antes de que o aparello entrase en servizo.[11][12] No ano 2012 fontes do goberno afirmaron que se conseguira a plena capacidade operacional no ano 2010.
En 2005 pronosticouse a data para a retirada do Apache para 2030, pero o Exército está buscando un programa para aumentar a súa vida útil ata o ano 2040.[13] Pensouse que as actualizacións serían necesarias en 2017 porque o Exército estadounidense está retirando o apoio para o AH-64D Block I no cal están baseados os Apache británicos,[13] pero os problemas orzamentarios nos Estados Unidos atrasaron a medida para 2019 ou 2020. Reino Unido debía seleccionar das actualizacións Block III do AH-64E en 2014;[13] as opcións ían dende abandonar a capacidade ata mercar novos helicópteros Block III, aínda que Boeing cre que é máis probable que o Reino Unido volva a fabricar os seus aparellos poñendos os motores e aviónica que xa existen en novas células.
En agosto de 2015 o Reino Unido solicitou a través dunha venda militar estranxeira a actualización de 50 dos seus Apaches ao stándar AH-64E.[14] En xullo de 2016 pediu 50 AH-64E a través do programa de vendas militares ao estranxeiro estadounidense en vez de actualizar os seus AgustaWestland AH-64. Leonardo Helicopters (antiga AgustaWestland) continuará dando soporte aos Apache AH1 ata que sexan retirados do servizo.[15]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ipsen, Erik. "U.K. Must Choose 1 of 3 Attack Copters : Pitched Battle Near Done" (en inglés). Consultado o 2018-11-18.
- ↑ 2,0 2,1 Mcgowen 2005, p. 214
- ↑ "British Army Receives 67th Apache In Ceremony Held At The Farnborough Air Show 2004 | AgustaWestland". 2011-07-07. Archived from the original on 07 de xullo de 2011. Consultado o 2018-11-18.
- ↑ Press, The Associated. "Repairs Planned for Army Helicopters" (en inglés). Consultado o 2018-11-18.
- ↑ "Some Apaches to be grounded 10 months". The Fayetteville Observer. Consultado o 2018-11-18.
- ↑ Office, U.S. Government Accountability (1998-09-15). "Army Aviation: Apache Longbow Weight and Communication Issues" (NSIAD-98-203).
- ↑ "UK SET TO AXE APACHE.(News)". 1999-08-04. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 18 de november de 2018.
- ↑ Heyman 2005, p. 114
- ↑ Correspondent, Michael Smith, Defence (2002-10-31). "Warning over Apache helicopter failings" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-11-18.
- ↑ Hencke, David (2003-11-18). "Helicopters 'at risk' of friendly fire". the Guardian (en inglés). Consultado o 2018-11-18.
- ↑ "Apache - British Army Website". 2010-03-15. Archived from the original on 15 de marzo de 2010. Consultado o 2018-11-18.
- ↑ Bishop and Laurier 2005, p. 47
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "UK weighing options for Apache attack helicopter upgrade". Flightglobal.com (en inglés). 2012-11-28. Consultado o 2018-11-18.
- ↑ "United Kingdom – AH-64E APACHE GUARDIAN Attack Helicopters | The Official Home of the Defense Security Cooperation Agency". www.dsca.mil (en inglés). Consultado o 2018-11-18.
- ↑ "MOD orders new fleet of cutting-edge Apache helicopters for Army". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2018-11-18.
Bibliografía
editar- Bishop, Chris e Jim Laurier. "Apache AH-64 Boeing (McDonnell Douglas) 1976–2005". Osprey Publishing, 2005. ISBN 1-84176-816-2.
- Heyman, Charles. "The British Army Guide". Barnsley: Pen & Sword Books, 2005. ISBN 1-84415-280-4.
- McGowen, Stanley S. "Helicopters: an illustrated history of their impact". ABC-CLIO, 2005. ISBN 1-85109-468-7.