Agustín Veiga Mejuto
político galego
Agustín Veiga Mejuto, coñecido como Cacharrón, nado en Ferrol cara a 1899 e finado o 5 de marzo de 1938, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 5 de marzo de 1938 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Antonio Veiga Mejuto ![]() |
Traxectoria
editarXornaleiro. Membro da Agrupación Socialista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en Ferrol en consello de guerra con Luís Abella Beade, Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández e José Silva Fernández.[1] Acusado de adhesión á rebelión, foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Felipe o 5 de marzo de 1938 con Pedro Dobarro Regueira.
O seu irmán Antonio Veiga Mejuto foi un guerrilleiro antifranquista.
Notas
editar- ↑ Requisitoria, La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Agustín Veiga Mejuto na páxina web Nomes e Voces.