Agustín Carrascosa Carbonell

comerciante e político español


Agustín Carrascosa Carbonell, nado en Alacant en 1897, foi un comerciante e político español.

Infotaula de personaAgustín Carrascosa Carbonell
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata (126/127 anos)
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na República militou no Partido Republicano Radical Socialista do que foi secretario da Xunta Provincial de Alacant. Despois ingresou en Unión Republicana e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 28 de febreiro de 1936, permanecendo no posto até o 7 de xuño; o 14 de xuño foi nomeado gobernador civil de Huesca.

Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantivo unha actitude ambigua. O 19 de xullo resignou o mando. Sufriu arresto domiciliario. Marchou a Zaragoza e despois a Burgos onde foi controlado, pero non o molestaron por orde do xeneral con mando na praza. O 22 de xaneiro de 1937 foi detido acusado de dar armas e vehículos en Huesca, e ingresou en prisión ao día seguinte. Foi condenado a trinta anos de cárcere dos que cumpriu pouco máis de tres.

Vida persoal editar

Casou con Isabel Moltó Villalobos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar