Aguilar de Segarra
Coordenadas: 41°45′N 1°38′L / 41.750, -1.633
Aguilar de Segarra é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Bages.
Aguilar de Segarra | ||
---|---|---|
![]() | ||
Igrexa da vila | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Bages | |
Xeografía | ||
Altitude | 480 msnm | |
Superficie | 43,3 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 253 hab. (2010) | |
Densidade | 5,84 hab/km² | |
Xentilicio | Aguilanenc, aguilanenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08256 | |
Alcalde | Valentí Riera Vilaplana (CiU) | |
www.aguilardesegarra.cat |
XeografíaEditar
Limita ao norte con Sant Mateu de Bages e Fonollosa, ao leste con Rajadell, polo sueste con Castellfollit del Boix, polo sur con Rubió e els Prats de Rei, e polo oeste con Sant Pere Sallavinera, estes tres últimos da comarca do Anoia.
O núcleo de Aguilar está rodeando o barrio da estación. Outros barrios son o de Sant Miquel, o núcleo de Les Coromines e El Raval, ademais de moitas masías diseminadas.
O municipio está ben comunicado, tanto por estrada co Eix Transversal, como por ferrocarril, onde conta cunha estación no traxecto Barcelona-Lleida.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
523 | 700 | 492 | 436 | 225 | 213 | 250 |
EconomíaEditar
A actividade principal son os cultivos de secaño (millo, legumes, patacas, aceite, améndoa) e o gando (ovino e porcino). Antigamente facíase carbón.
Lugares de intereseEditar
- Castelo de Castellar
- Castelo de Aguilar
- Igrexa de Sant Andreu d'Aguilar
- Igrexa de Sant Miquel de Castellar
- Igrexa de Santa Magdalena de Còdol-rodon
- Igrexa de Santa Maria de les Coromines
- Igrexa de Santa Maria del Grauet
FestividadesEditar
- Pascua
- San Miguel
- Festa maior de Aguilar, en setembro.
- Festa maior de Castellar, en agosto.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información da Diputació de Barcelona (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguilar de Segarra |