Agrupament d'Esquerra del País Valencià
Agrupament d'Esquerra del País Valencià foi un partido nacionalista valenciano de esquerdas que se creou en 1982 formado polo sector nacionalista do Partit Comunista del País Valencià, o sector posibilista valenciano do Partit Socialista d'Alliberament Nacional e personalidades independentes. Formou co Partit Nacionalista del País Valencià e Esquerra Unida del País Valencià unha coalición denominada Unitat del Poble Valencià que en 1984, xa sen Esquerra Unida, se converteu en partido político.
Agrupament d'Esquerra del País Valencià (AEPV) | |
---|---|
Antigo partido político do País Valenciano | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Gustau Muñoz Ernest García |
Historia | |
Fundación | 19821 |
Disolución | 19842 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo valenciano Esquerda |
Outros datos | |
Sede | Rúa Garrigues, 1.3.L. (Valencia) |
1 Escisión do Partit Comunista del País Valencià. 2 En coalición co Partit Nacionalista del País Valencià en Unitat del Poble Valencià, constituída en partido en 1984. | |
Os seus líderes foron Gustau Muñoz e Ernest García.