Agripina Samper Agudelo

escritora colombiana

Agripina Casimira de los Dolores Samper Agudelo, nada en Honda o 4 de marzo de 1833 e finada en París o 22 de abril de 1892, foi unha poeta colombiana.[1] Escribiu prosa e poesía co pseudónimo de "Pía-Rigán", un anagrama do seu nome de nacemento. A súa obra permaneceu inédita en vida e só se publicou a título póstumo como antoloxías.[2]

Modelo:BiografíaAgripina Samper Agudelo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1833 Editar o valor en Wikidata
Honda, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 1892 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Ancízar Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel Samper
José María Samper Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Samper naceu o 4 de marzo de 1833 na cidade de Honda, daquela pertencente ó departamento de Cundinamarca, no seo dunha familia literaria. Os seus pais foron José María Samper Blanco e María Tomasa Agudelo Tafur. Foi a única muller entre os oito fillos da parella. Salientan dous dos seus irmáns: José María, esposo da destacada xornalista Soledad Acosta Kemble, e Miguel, recoñecido político e escritor. O 4 de xullo de 1857 casou con Manuel Ancízar Basterra, científico e escritor, matrimonio do cal naceu Roberto, Pablo, Inés, Jorge e Manuel. Enviuvou en 1882 e trasladouse cos seus fillos a París, onde morreu o 22 de abril de 1892.[3]

Obras destacadas

editar
  • Ensayos poéticos de Pía-Rigán
  • Parnaso colombiano: colección de poesías escogidas
  1. García, Julio. "Genalogía colombiana" (PDF). Interconexión Colombia (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  2. Samper, Daniel (1935). Biblioteca aldeana de Colombia. (en castelán). Editorial Minerva. OCLC 316816714. 
  3. Alzate, Carolina (9 de outubro de 2017). "Agripina Samper, las mujeres y la literatura". Portal de Revistas Académicas y Científicas (en castelán) 21: 7–24. ISSN 1851-4669. doi:10.19137/2017-2132. Consultado o 5 de maio de 2020.