Agricultura urbana

A agricultura urbana é a práctica dun tipo de agricultura con cultivos (horticultura, forestación), dentro ou nos arredores da área urbana. A terra empregada pode ser privada, pública ou residencial, balcóns, paredes ou teitos de edificios, rúas públicas ou marxes e antigos soutos deforestados dos ríos.

Agricultura urbana en Chicago
Agricultura urbana en Ámsterdam

A agricultura urbana realízase para actividades de produción de alimentos. Contribúe á soberanía alimentaria e a alimentos seguros de dous xeitos: fai medrar a cantidade de alimentos dispoñibles para os habitantes de cidades, e por outra banda achega verduras e froitas frescas para os consumidores urbanos.

Debido a que promove o aforro de enerxía, a produción local de alimentos, a agricultura urbana e periurbana son actividades de sostibilidade. Tamén supón outro tipo de problemas e conflitos sociais, derivados por da utilización de terreos privados abandonados para o aproveitamento de "hortas familiares" clandestinas. Estas actuacións incontroladas poden supoñer problemas derivados da mala calidade das augas utilizadas para o rego, a miúdo augas residuais. Require ademais dun tipo de xestión que vai máis aló dos agronómico ou sociais, pois pasa a ser un aspecto da ordenación urbanística.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar