Agricultura natural
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
De forma xenérica, e con base na definición de agricultura da Real Academia Galega,[1] a agricultura natural é o cultivo natural da terra ou o conxunto de técnicas e coñecementos relativos ao cultivo natural da terra. Chámase agricultura natural, dende un punto de vista amplo, a toda aquela actividade básica e propia dun ser humano natural e consciente. Mencionada actividade; non só contén o significado de cultivo natural dende o punto de vista xenérico mencionado, que implica sementar ou plantar sementes e plantas e coidalas para obter un fruto saudable e xusto delas, mantendo o respecto polo contorno e un equilibrio sostible tanto no ser humano como na natureza; senón que tamén contén o conxunto de accións humanas de vida, con todas as súas implicacións, que fomentan e preservan ese hábitat que convive en harmonía "Humano-Natureza" (medio ambiente humano e non humano).
Agricultura natural de Masanobu Fukuoka
editarMasanobu Fukuoka, nado o 2 de febreiro de 1913 e finado o 16 de agosto de 2008, foi un agricultor, microbiólogo e filósofo xaponés, autor das obras La Revolución de una Brizna de Paja e La Senda natural del Cultivo. Nelas presenta as súas propostas para unha forma de agricultura que é chamada agricultura natural ou método Fukuoka, encadrado dentro do ámbito da permacultura. A esencia do método Fukuoka é reproducir as condicións naturais tan fielmente como sexa posible de modo que o solo se enriquece progresivamente e a calidade dos alimentos cultivados aumenta sen ningún esforzo engadido. Os principios do traballo baséanse nunha filosofía de non facer (Wu Wei), ou máis exactamente non intervir ou forzar as cousas: non arar, non eliminar malas herbas nin usar herbicidas, non usar pesticidas, non podar, non usar fertilizantes e no seu lugar usar bolas de arxila (nendo dango).
Principios básicos primarios (da filosofía práctica de Fukuoka):
1. Non laboreo. A terra cultívase a si mesma, de forma natural, mediante a penetración das raíces das plantas e da actividade dos microorganismos, fungos micorrícicos e pequenos animais, particularmente invertebrados coma as lombrigas de terra.
2. Non usar fertilizantes químicos nin compost preparado.
3. Non desherbaxe mediante cultivos e herbicidas (as malas herbas deber ser controladas, non eliminadas).
4. Non dependencia de produtos químicos.
5. Cultivar o non facer como principio transcendente da práctica. O camiño do “non facer” ou wu wei taoísta, comeza dende o primeiro momento no que iniciamos a práctica co obxectivo de conseguilo. O “non facer” significa o facer adecuado co respecto que debemos á natureza. Isto implica contemplación dela e acción consecuente desa contemplación, o que implica tamén unha simplificación do noso esforzo e traballo de campo directo e un incremento do traballo positivo na nosa mente (o “non facer” atópase amplamente nos alicerces de pensamento de Fukuoka, con agricultura natural España incorpórase agora como principio básico, facéndoo materializable dende o primeiro momento da práctica).
Agricultura natural de Mokichi Okada
editarTamén é chamado agricultura natural o proxecto do filósofo xaponés Mokichi Okada (1882-1955), o cal une medioambiente, alimentación e espiritualidade. O sistema utiliza os seus propios fertilizantes orgánicos e non utiliza esterco. A orixe do proxecto é dos anos 30. El preconiza a busca da harmonía, a saúde e a prosperidade entre os seres vivos como froito da conservación do medio ambiente natural e respecto das súas leis. M. Okada propón reciclar os recursos naturais para enriquecer o solo, facer emanar a súa forza e protexer os mananciais de auga, creando unha corrente sa que vai dende o solo e a auga ás plantas, animais e seres humanos. En Brasil é impulsada pola fundación Mokichi Okada, dende 1979. A fundación tamén certifica os alimentos, e divulga a tecnoloxía da produción de alimentos saudables capacitando os agricultores.
Agricultura natural en España
editarA agricultura natural, con todo, evolucionou hoxe en día, dende as bases fundacionais da filosofía natural creada por Masanobu Fukuoka e continuada, nos últimos anos, en España por Juan Benítez Jamchen, nacido o 25 de xullo de 1967, agricultor natural, artista plástico, filósofo e escritor, autor das obras Vida Natural Consciente. Parte I: la agricultura natural (2017) e Estética de la Indeterminabilidad (2008). Jamchen é un iniciador do cultivo natural en España, adaptando a condicións do clima mediterráneo os achegamentos fukuokianos. Incorpora explicitamente un quinto principio básico, inherente a Fukuoka, relativo ao 'non facer' aos outros catro, así coma outros principios básicos secundarios. Débese notar a vocación transformadora do autor contribuíndo a ir dando forma a todo un movemento por unha vida máis consciente e natural, aglutinando múltiples propostas de territorios variados en interacción, diálogo e intercambio de experiencias e saberes.
Vida Natural Consciente, Parte I: a agricultura natural e Estética de la Indeterminabilidad contén implicacións máis abertas, tanto filosófica e espiritualmente coma no seu carácter práctico. Coas súas propostas, considérase a agricultura natural, dende un punto de vista amplo que aclara e amplifica a definición xenérica, como toda aquela actividade básica e propia dun ser humano natural e consciente. Mencionada actividade; non só contén o significado de cultivo natural dende o punto de vista xenérico mencionado, que implica sementar ou plantar sementes e plantas e coidalas para obter un fruto saudable e xusto delas, mantendo o respecto polo contorno e un equilibrio sostible tanto no ser humano como na natureza; senón tamén contén o conxunto de acción humanas de vida, con todas as súas implicacións, que fomentan e preservan ese hábitat que convive en harmonía “Humano-Natureza” (medio ambiente humano e non humano). Desta forma, ambas as entidades, que dende os puntos de vista artificiais permanecen separadas, unifícanse nunha soa entidade estable e de evolución de consciencia, dentro de todo o seu movemento de impermanencia da lei natural de causa e resultado. O conxunto de sabedorías e coñecementos filosóficos, espirituais e técnicos, dentro do ámbito da agricultura natural, e dentro dunha vida natural consciente, que a sostén e que aspira a transformar positivamente todas as relacións entre humano e natureza, baséanse en cinco principios básicos primarios e tres secundarios:
Principios básicos secundarios (outra das novedades engadidas por Jamchen, e que dan empuxe e profundización a moitos dos pensamentos fukuokianos. Considéranse igual de importantes que os básicos, pero establécense secundarios, inicialmente, dende a cultura occidental, polas transicións nas que estamos inmersos e as implicacións sociais ou de ideais que poden conter de maneira xeral, aínda que sexan practicados de forma individual):
1. O coñecemento, a recreación e a preservación do bosque Natural de alimentos (bNa) ou bosque Natural comestible (bNc), como o hábitat equilibrado dun ser humano natural e consciente. A revolución expresada por Jamchen do “dende dentro ata fóra” son partes principais dos sistemas de práctica de bNa e os principios desa práctica atopámolos na filosofía de traballar sempre dende o interior para expandirse pouco a pouco, mantendo o centro vital que xera todo, dende unha árbore a todas as demais árbores e plantas, así como ao resto de seres vivos e non vivos dentro de todo o ecosistema. Deste xeito, os procesos vitais do humano conviven harmónicos dende o interior “natural-consciente”, que non perde o seu centro e vaise unificando con outros centros, para formar un gran bNa e un ser humano natural e consciente. Os sistemas de reforestación co bNa dende as parcelas individuais, que se estenden dende a filosofía do “dende dentro ata fóra”, forman parte dos procesos de recuperación do hábitat natural a un estado de clímax equilibrado para o cultivo e a vida natural. E implican: A oxixenación e rexeneración da terra e do ceo, a xeración da chuvia, os estados climáticos naturais, os ríos e os acuíferos etc., así como a mesma recuperación do estado harmónico interior humano. A incorporación das árbores, arbustos e plantas de coberturas, silvestres ou “ornamentais”, xunto coa incorporación dos estados contemplativos, son as claves para o proceso de rexeneración dese hábitat e a mente positiva e natural humana. O bosque natural de alimentos, como un todo equilibrado, natural e consciente que é, pode autososterse con ou sen humanos, en caso de que sexa abandonado. Para que isto sexa posible, debe estar composto de árbore frutal, árbore leguminosa e árbore ornamental ou silvestre, nas partes aéreas, e de hortalizas, silvestres, leguminosas e aromáticas, nas coberturas medias e baixas, de tal xeito que o bNa se atope conectado dende todos os lados, dende a terra e o aire. Os humanos axudamos a que se constrúa sen buscar a imitación, deixando que siga a súa tendencia natural co humano incluído, que se deixa levar polo que comunica toda a natureza, seguindo o seu ritmo e esquema creativo que xa ten. Deste xeito, conxúgase en plena harmonía, coa nosa actividade creativa tamén.
2. O coñecemento e adestramento dunha vida natural consciente, que implica o decrecemento gradual do consumo artificial e da dependencia de sistemas capitais, un maior coñecemento e execución na construción natural e consciente de inmobles, refuxios e vestimentas, de non lixo artificial contaminante, da crianza natural, e doutras prácticas naturais de vida. Moitas delas irmándanse e unifícanse con algúns dos obxectivos da permacultura e o que veu a chamarse ecoloxía profunda, así como con cosmogonías de pobos humanos orixinarios e incluso doutros pobos devidos, enmarcados en certos momentos da historia, como os pobos libres do norte da península ibérica durante a alta idade media, entre outros.
3. O talante aberto e integrador da agricultura natural que apoia a incorporación dos estados transicionais que aspiran á practica natural auténtica (dentro destas incorporacións atópanse todas aquelas correntes agricultoras actuais que poden, voluntariamente, atoparse en transición ata a agricultura natural, como son a agricultura ecolóxica, a agroecoloxía, a biodinámica, entre outras). Esta terceira consideración atópase enlazada co principio trascendente fukuokiano, xa que un agricultor natural éo no momento no que decide selo, por iso, aínda que hai distinción clara entre relativo e absoluto, non se contempla dende esa separación, porque o absoluto cobra importancia dende o primeiro momento no que se pon a vontade de estar aí. Como base a este argumento créanse, dende a agricultura natural, os estados de transición. Esa transición é o que permite estar no estado absoluto dende un primeiro momento e por iso, o “non facer” convértese en principio básico.
Galería
editar-
Bancal de hortalizas debaixo dun albaricoqueiro.
-
Bancal de hortalizas á semisombra dun lodoeiro (Celtis australis)
-
Pereira en cultivo natural.
-
Bancal de hortalizas na primeira fase, con dente de león e chicoria.
-
Laranxeira en cultivo natural: sen poda nin rego directo.
-
Horta en cultivo natural.
-
Repolo crespo e Amaranthus cruentus frutificado.
-
Tomate zebra verde con caraveleira de moro (Tagete patula)
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- La revolución en una brizna de paja. Masanobu Fukuoka. (1975).Editorial: EcoHabitar: 2011 ISBN 10: 8461519566 ISBN 13: 9788461519569
- La senda natural del cultivo. Masanobu Fukuoka, (1985) Editorial: TERAPION, 1995. ISBN 978-84-88903-15-0 (Descatalogado)
- Sembrando en el desierto. Masanobu Fukuoka, (1996) Editorial: CAUAC Editorial Nativa, 2015. ISBN: 9788494026430
- Vida Natural Consciente Parte 1. La agricultura Natural. Juan Benítez Jamchen (2016) Editorial: CAUAC, 2017. ISBN 978-84-940264-7-8