Agatha Christie e a verdade do crime

filme de 2018 dirixido por Terry Loane

Agatha Christie e a verdade do crime (en inglés: Agatha and the Truth of Murder) é un filme británico de 2018 dirixido por Terry Loane. Conta a historia da escritora Agatha Christie que se ve envolta nun caso de asasinato na vida real durante a súa desaparición de 11 días en 1926.[1] Escrito por Tom Dalton, representa a Christie investigando o asasinato da afillada de Florence Nightingale, Florence Nightingale Shore, que se basea en persoas e acontecementos reais,[2] e como a súa implicación neste caso influíu na súa escritura posterior.

Agatha Christie e a verdade do crime
Ficha técnica
Título orixinalAgatha and the Truth of Murder
DirectorTerry Loane
ProdutorBrett Wilson
GuiónTom Dalton
Intérpretes
MúsicaAndrew Simon McAllister
FotografíaDamien Elliott
Montaxe
  • Claire Pringle
  • Zsófi Tálas
EstudioDarlow Smithson Productions
DistribuidoraKew Media
Estrea 23 de decembro de 2018
Galicia 6 de xaneiro de 2023 (TVG)
Duración93 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Na rede
https://www.channel5.com/show/agatha-the-truth-of-murder/
IMDB: tt9381998 Filmaffinity: 194035 Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse en Channel 5 no Reino Unido o 23 de decembro de 2018, converténdose no programa máis popular da cadea durante o período de Nadal e no segundo programa de ficción mellor valorado do ano.[3] Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2023 a través da TVG.[4][5]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Jackson, Lorne (29 de decembro de 2018). "TV review: Agatha & the Truth of Murder". The Herald. Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  2. Cook, Rosemary (7 de outubro de 2015). The Nightingale Shore Murder. Troubador. ISBN 9781784624040. 
  3. Bhavnani, Sanjeev (2 de xaneiro de 2019). "Channel 5 delivers best ever ABC1 ratings in 2018". Advanced Television. Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  4. @AntRubal (ed.). "Agatha Christie e a verdade do crime na TVG". Consultado o 17 de xaneiro de 2023. 
  5. @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.