Afonso Carrasco Rouco

Alfonso Carrasco Rouco, nado o 12 de outubro de 1956 en Vilalba, é un crego católico e bispo de Lugo.

Afonso Carrasco Rouco
Mons. Carrasco Rouco (30612838310).jpg
Nacemento12 de outubro de 1956
 Vilalba
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Freiburg im Breisgau
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]
Escudo de Alfonso Carrasco Rouco

TraxectoriaEditar

Alfonso Carrasco é sobriño de Antonio María Rouco Varela, arcebispo de Madrid, e ordenouse sacerdote en abril de 1985. Estudou filosofía na Universidade de Salamanca e licenciouse e doutorouse en teoloxía na Universidade de Friburgo (Suíza). Logo realizou traballos de investigación na Universidade de Múnic e regresou a Madrid, onde ocupou cargos na Conferencia Episcopal Española, onde é membro da comisión teolóxica para a doutrina da fe.

O 30 de novembro do 2007 foi nomeado bispo de Lugo, en substitución de Xosé Gómez González, xubilado ao chegar aos 75 anos.