Aeroporto de Tampere-Härmälä

O aeroporto de Tampere-Härmälä foi o aeroporto internacional da cidade de Tampere (Finlandia). Foi fundado cando a Valtion lentokonetehdas (en galego Fábrica de Avións do Estado) buscaba unha nova localización. A súa construción comezou en 1932, e cando se finalizou en 1936 era o único aerporto do interior de Finlandia. O edificio da terminal foi deseñado polo arquitecto municipal da cidade de Tampere Bertel Strömmer, e no edificio encontrábanse as oficinas do aeroporto, salas de espera para viaxeiras e viaxeiros, bar e unha estación meteorolóxica.[1]

Aeroporto de Tampere-Härmälä
Tampere-Härmälän lentoasema

IATA: TMP – ICAO: EFTA
Sumario
Tipo público/militar
Operador Autoridade de Aviación Civil
Cidade/Illa Tampere
Localización Pirkkala
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
27/09 asfalto

A predecesora de Finnair, Aero Oy operou voos a Helsinqui, Vaasa, Oulu e Kemi. Durante a Guerra de Continuación o aeroporto foi empregado polo 2º Rexemento de Aviación.[2] En 1941, despois da Guerra de Inverno, construíuse a primeira terminal para pasaxeiras e pasaxeiros en Härmälä. O campo tiña carácter militar, xa que Valtion lentokonetehdas construía tamén avións militares.

A rota Helsinqui-Tampere foi a primeira rota regular nacional de Aero. Na década de 1950 os irmás Karhumäki comezaron os voos a Estocolmo. O campo foi asfaltado en 1958.

Na era dos reactores o aeroporto de Tampere precisaba dunha pista máis longa, mais o crecemento do barrio de Härmälä non permitía que se ampliara a antiga pista. O transporte de persoas trasladouse ao novo aeroporto de Tampere-Pirkkala en 1979, momento no quue 1,5 millóns de persoas pasaran por Härmälä. Aínda houbo aviación xeral en Härmälä ata 1982. O derradeiro voo de salto en paracaídas no aeroporto tivo lugar a finais de xuño de 1983.[1]

O antigo campo de Härmälä conta aínda un edificio da terminal, un hangar para avións que forma parte do centro de exhibicións e deportes, e unha parte da antiga pista funciona como área de aparcadoiro do Pirkkahalli. No edificio da terminal está o club de paracaidismo de Tampere e as súas instalacións de adestramento. A cidade de Tampere vendeu o edificio da terminal ao club, que fora o seu inquilin durante moito tempo, en 2014.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Manninen, Jukka (17 de outubro de 2019). "Hyppääjät ponnistelevat lentoaseman kunnostamiseksi". Aamulehti (Moro-liite). p. 10. 
  2. Saarinen, Ahti (2005). Jäätukikohdan päiväkirja (en finés). p. 12. ISBN 952-99412-3-4.