Aeroporto de Rostock-Laage

O aeroporto de Rostock-Laage (IATA: RLGOACI: ETNL), coñecido tamén só como aeroporto de Rostock, é o aeroporto de Rostock, a cidade máis grande do estado alemán de Mecklemburgo-Antepomerania, e tamén recibe o seu nome da vila de Laage, no distrito de Rostock. Opera voos ás principais cidades de Alemaña e a algúns destinos de vacacións. Ademais da súa actividade civil, a Jagdgeschwader 73 da Luftwaffe está estacionada na parte militar do aeroporto.[2]

Aeroporto de Rostock-Laage
Flughafen Rostock–Laage

IATA: RLG – ICAO: ETNL
Sumario
Tipo público/militar
Operador Flughafen Rostock Laage-Güstrow GmbH
Cidade/Illa Rostock
Elevación (msnm) 42 metros / 138 pés
Coordenadas
Web http://www.rostock-airport.de/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 2 500 8 202 pavimento
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 290 654[1]

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
BMI Regional Múnic, Stuttgart[3]
Germania Fuerteventura, Gran Canaria, Hurghada, Tenerife-Sur
Estacional: Antalya, Burgas, Heraclión, Cos, Linz (comeza en maio de 2018),[4] Palma de Mallorca, Rodas, Varna
Helvetic Airways Estacional: Zürich (comeza en maio de 2018)[5]
  1. Rostock Airport (ed.). "Flughafen Rostock-Laage mit neuer Rekordmarke beim Passagieraufkommen". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  2. Luftwaffe (ed.). "Taktisches Luftwaffengeschwader 73 "Steinhoff"". Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  3. Der Mobilitäts Manager (ed.). "bmi regional fliegt Stuttgart-Rostock". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  4. Germania (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  5. Routes Online (ed.). "Helvetic Airways outlines new routes in S18". Consultado o 20 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar