Aeroporto de Nuuk

O aeroporto de Nuuk (IATA: GOHOACI: BGGH) é un aeroporto que serve a Nuuk, a capital de Groenlandia. Serve como base técnica e cidade focal para Air Greenland, a aeroliña nacional do país, unindo a capital con varias cidades do oeste e suroeste de Groenlandia, incluído o centro de conexións da aeroliña no aeroporto de Kangerlussuaq. Con voos cara a Islandia, o aeroporto de Nuuk é tamén un dos seis aeroportos internacionais do país, pero Reiquiavik é o seu único destino internacional.

Aeroporto de Nuuk
Mittarfik Nuuk
Godthåb Lufthavn

IATA: GOH – ICAO: BGGH
Sumario
Operador Mittarfeqarfiit
Cidade/Illa Nuuk
Elevación (msnm) 86 metros / 283 pés
Coordenadas Coordenadas: 64°11′30″N 51°40′40″O / 64.191733, -51.6778
Web www.mit.gl
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 950 3 117 asfalto
Estatísticas (2012)
Pasaxeiros 69 324

A comezos dos anos 60 hidroavións da creada recentemente Air Greenland aterraron no porto de Nuuk. En 1965 a aeroliña investiu nunha frota máis robusta baseada no grande helicóptero Sikorsky S-61, que serviu a cidade durante as seguintes catro décadas, incluso despois da construción dun aeroporto con capacidade para operar os avións STOL de Havilland Canada Dash 7 que dominan o aeroporto dende os anos 70.

O aeroporto construíuse para servir a cidade máis grande de Groenlandia, aínda que debido a problemas de espazo nunha localización montañosa e a problemas meteorolóxicos non é capaz de proporcionar servizo a grandes avións de pasaxeiros ou de longo alcance. Unha grande ampliación non é unha opción aceptable debido á proximidade coa área urbanizada dos distritos periféricos de Nuuk, aínda que o tema continúa a ser obxecto dun debate interno no país.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Air Greenland Aasiaat, Ilulissat, Kangerlussuaq, Kulusuk, Maniitsoq, Narsarsuaq, Nerlerit Inaat, Paamiut, Qaanaaq, Sisimiut
Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Air Iceland Connect Reiquiavik
Air Nunavut Chárter: Aeroporto de Iqaluit[1]

Notas editar

  1. Air Nunavut (ed.). "Where we fly". Consultado o 7 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar