Aeroporto de Mora-Siljan

O Aeroporto de Mora-Siljan (IATA: MXX, ICAO: ESKM) é un aeroporto sueco situado a uns 7 km ao suroeste de Mora. O seu operador, AB Dalaflyget, que tamén opera o Aeroporto de Dala, está formado polos municipios de Mora, Falun, Borlänge e o condado de Dalarna, no centro do país. Dalaflyget tamén proporciona servizos de control de tráfico aéreo. A pista de aterraxe, de 45 metros de ancho, e a súa plataforma poden acomodar avións do tipo Boeing 737.

Aeroporto de Mora-Siljan
Mora-Siljan flygplats

IATA: MXX – ICAO: ESKM
Sumario
Tipo público
Propietario AB Dalaflyget
Elevación (msnm) 193 metros / 634 pés
Coordenadas Coordenadas: 60°57′31″N 14°30′40″L / 60.958611111111, 14.511111111111
Web http://www.dalaflyget.se/sv/mora-flygplats
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 1 810 5 938 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 7 434

Durante a semana operan dous voos a Arlanda (tres os xoves), e un os domingos, nunha ruta que dura uns 50 minutos. De 2011 ata 2015 Avies operou esa liña con avións turbohélice Jetstream 32, con capacidade para 19 pasaxeiros.

O número de pasaxeiros caeu dramaticamente dende os 50 000 anuais nos anos 80 ata os 7 000 en anos recentes, seguindo a mesma tendencia experimentada por todos os aeroportos suecos de terceiro nivel nese período. A competencia entre dúas aeroliñas domésticas, Skyways Express e a defunta Executive Express, rematou en 2005, deixando á zona sen voos a Estocolmo e ao resto do mundo, precisando 4 horas de viaxe en coche para chegar á capital. O municipio de Mora encargouse do aeroporto antes de que se crease Dalaflyget. Dende o ano 2016 AIS Airlines encárgase de operar a liña a Estocolmo.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos

AIS Airlines || Estocolmo-Arlanda, Sveg