Aelita

filme de 1924 dirixido por Yakov Protazanov

Aelita, en ruso, Аэлита, é un filme mudo dirixido por Yákov Protazanov nos estudios Mezhrabpom-Rus e estreado en 1924. Baséase na novela do mesmo nome escrita por Aleksei Nikolaevich Tolstoi.

Aelita
Ficha técnica
Título orixinalАЭЛИТА
DirectorYakov Protazanov
GuiónFedor Ozep
IntérpretesYulia Solntseva
Igor Ilyinsky
Nikolai Tseretelli
Nikolai Batalov
Vera Orlova
FotografíaEmil Schünemann
Yuri Zhelyabuzhsky
DistribuidoraMGM
Estrea1924
Duración113 minutos
OrixeUnión Soviética Unión Soviética
Na rede
IMDB: tt0014646 Filmaffinity: 961986 Allocine: 41 Rottentomatoes: m/aelita_queen_of_mars Allmovie: v1083 Netlix: 20698818Editar o valor em Wikidata

A historia trata sobre un rapaz, Losi, que viaxa ao planeta Marte para dirixir un levantamento popular contra o rei, co apoio da raíña Aelita que se namorou del despois de velo por un telescopio.

Sinopse editar

Aelita, a raíña de Marte, farta de vivir sometida ó seu despótico pai, lanza unha chamada de socorro á Terra. Tras descifrar a mensaxe, o enxeñeiro da Estación de Radio de Moscova, xunto co revolucionario Gusev, emprende unha viaxe a Marte na nave que construíu. Os dous axudan a Aelita a derrocar o tirano, mais a continuación, tamén ela implanta un réxime totalitario.

Véxase tamén editar