Adriana Domínguez

empresaria galega

Adriana Domínguez González, nada en Ourense o 22 de agosto de 1976, é unha executiva e empresaria galega. Desde maio de 2020 é presidenta executiva da firma de moda Adolfo Domínguez. En 2016 foi nomeada conselleira da empresa; en xullo de 2017 o consello delegou nela todos os poderes executivos primeiro como directora xeral e desde xullo de 2019 como conselleira delegada.

Modelo:BiografíaAdriana Domínguez
Biografía
Nacemento(es) Adriana Domínguez González Editar o valor en Wikidata
22 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Católico de Administración y Dirección de Empresas
Euromed Management – School of Management and Business (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAdolfo Domínguez Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAdolfo Domínguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsValeria Domínguez
Tiziana Domínguez Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1063497 Editar o valor en Wikidata

Adriana Domínguez participou en cinco filmes como actriz e é membro vitalicia do Actors Studio

Traxectoria

editar

Adriana Domínguez é a filla máis vella de Adolfo Domínguez, deseñador e principal accionista do grupo que leva o nome do seu pai, irmá de Valeria Domínguez, consultora de eCommerce, e de Tiziana Domínguez, deseñadora de Adolfo Domínguez.

Domínguez licenciouse en Ciencias Empresariais Internacionais (E-4)[1] pola ICADE da Universidade Pontificia Comillas, por CESEM (Francia) e por The Lee Strasberg Theatre Institute de Nova York. Obtivo o mestrado en Pensamento na Escola Contemporánea de Humanidades de Madrid[1] e fala cinco linguas.

Comezou a traballar na firma Adolfo Domínguez onde foi directora da área de perfumes[2] e directora de comunicación.[3][4][5][6] En 2016 foi nomeada conselleira de empresa e en xullo de 2017 asumiu os poderes executivos primeiro como directora xeral e desde xullo de 2019 como conselleira delegada.

Durante a súa etapa de 2017 a 2019 relanzou a compañía logrando un incremento das súas vendas comparables de máis do 22 %, un aumento da capitalización do 220 % e unha suba da facturación en liña do 108 %.

Tamén liderou a reorganización interna da empresa, renovando o comité de dirección, contando en 2018 cun 55% de mulleres directivas, e implantando novos métodos de xestión. O consello de administración do grupo está integrado por sete conselleiros, dos que un 43 % son mulleres.[7] En 2020, a empresa destacou por ser unha das tres únicas empresa da bolsa española que tiñan paridade de xénero no seu consello.[8]

Reunificou todas a marcas nunha soa e refrescou o posicionamento tradicional da fima coa sostibilidade e a internacionalización, co 52 % das tendas situadas fóra de España.

O 29 de maio de 2020 anunciouse que Adolfo Domínguez, principal accionista da compañía cun 31,5 % do capital cedía a presidencia executiva da empresa á súa filla Adriana. Nesa data o grupo contaba con 391 puntos de venda en 22 países e facturou 12 millóns no exercicio auditado de 2018-2019. Adolfo Domínguez permaneceu na empresa como conselleiro dominical.[4]

Filmografía

editar
  1. 1,0 1,1 "ADOLFO DOMINGUEZ". adz.adolfodominguez.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  2. "La hija de Adolfo Domínguez se hace cargo de la compañía". Cinco Días (en castelán). 21 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  3. "Adriana Domínguez: "No he dado el salto por ambición sino por responsabilidad"". Expansión.com (en castelán). 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Adolfo Domínguez cede la presidencia a su hija Adriana". La Vanguardia (en castelán). 30 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  5. "Adolfo Domínguez nombra a Adriana Domínguez nueva consejera delegada". Expansión (en castelán). 25 de maio de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  6. "La agenda secreta de... Adriana Domínguez". El Mundo (en castelán). 6 de maio de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  7. "Adolfo Domínguez recorta un 28% la retribución del consejo de administración". www.europapress.es. 15 de xuño de 2018. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  8. Gracia, Marta (26 de febreiro de 2020). "Paridad: solo tres empresas de la bolsa española son 50-50 en su consejo". byzness (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2020.