Adria
Adria é unha comuna da provincia de Rovigo, Véneto, Italia situada ás beiras do río Tártaro. Deu nome ao Mar Adriático. Conta con 20 691 habitantes (2003). A lingua tradicional da comuna é o véneto, na súa variedade central.

Segundo a tradición local, a cidade foi fundada por Atri, o rei dos pelasgos. Entre os séculos século -X e século -VI o territorio estaba habitado por paleo-vénetos, que deixaron numerosos restos arqueolóxicos. No século século -VI os gregos asentáronse no territorio e no século século -IV (-385) Adria converteuse nunha colonia de Siracusa, no século século -III foi ocupada polos galos. No século século -II Adria converteuse nunha colonia romana. No século V Adria estaba gobernada por un bispo, aínda que dende o XIII contou cunha organización comunal.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adria |