Adrián Mouriño
Adrián Mouriño Fernández, nado o 1 de agosto de 1988 no Porriño, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é a UD Atios, de Terceira División.
Nome orixinal | Adrián Mouriño Fernández | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de agosto de 1988 (36 anos) O Porriño, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,68 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarIniciouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co Celta B en setembro de 2007, nun partido de Segunda B contra o Real Madrid Castilla.[1] No 2008 fichou polo Coruxo, de Terceira,, co que disputou as tempadas 2008/09 e 2009/10, logrando o ascenso a Segunda B. Asinou entón polo Montañeros, tamén de 2ª B, onde xogou durante unha tempada, e en 2011 regresou a Tercera División fichando polo Club Deportivo Ourense, sendo un dos xogadores máis destacados do ascenso do club vermello.[2]
O 10 de xullo de 2012 fichou polo Recreativo de Huelva, sendo asignado ao filial en Terceira. Ademais debutou co primeiro equipo en Segunda División o 26 de outubro contra o FC Barcelona B. O 4 de setembro de 2013 asinou coa UE Sant Andreu, de 2ª, onde xogou unha tempada.
En 2014 asinou polo Pontevedra CF, co que ascendeu esa tempada a Segunda División B, tras xogar 27 partidos e marcar 5 goles. Militou catro anos máis no equipo do Lérez, sendo cedido medio ano na última tempada ao Rápido de Bouzas debido aos poucos minutos dos que dispoñía en Pontevedra.[3] Na tempada seguinte o Pontevedra comunicoulle que non contaba con el, polo que volveu ao Rápido de Bouzas.[4][5]
Na tempada 2020/21 fichou pola UD Atíos, na primeira aparición do club do seu pobo na Terceira División.[6]
Notas
editar- ↑ "Celta de Vigo B - Real Madrid Castilla". bdfutbol.com. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "El porriñés Mouriño interesa en Huelva". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 2012. p. 48.
- ↑ "Mouriño: "Me voy triste y solo pienso en volver al Pontevedra"". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ Nogueira Casás, Xaime (03 de setembro de 2019). "Mouriño: "Aún no me lo creo. No me veo fuera del Pontevedra"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Adrián Mouriño debuta con el Rápido un mes después de dejar el Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "O Atios comeza cunha vitoria no derbi do Louro". 18 de outubro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2020.