Adonis Morón Silva

político galego

Adonis Morón Silva, nado en Santiago de Compostela cara a 1899, foi un político galego.

Adonis Morón Silva
Nacemento1899
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosBibiano
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Funcionario do Concello de Santiago de Compostela, foi nomeado axente executivo de arbitrios en 1936. En 1933 foi nomeado delegado da Federación Española de Boxeo en Santiago de Compostela.[1] Foi presidente da Comisión de Instrucción do Centro Federal de Santiago en xaneiro de 1933. Foi membro da comisión organizadora do Partido Sindicalista que se constituíu en Compostela en marzo de 1935,[2] e elixido vogal na directiva en maio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado na súa casa ata que foi descuberto nun rexistro e detido o 22 de xullo de 1937.[3] Foi xulgado por rebelión militar en consello de guerra o 19 de agosto de 1937 e condenado a pena de morte.[4][5] Indultado en marzo de 1938 por ser subdito cubano,[6] a sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1942.[7] Preso na Prisión Central de Santa Isa­bel, concedéronlle a liberdade provisional en 1943.[8] Cesado como funcionario, traballou de escribente de documentos e cartas para quen o precisase.

Vida persoalEditar

Foi pai de Bibiano Adonis Morón Giménez.

NotasEditar

  1. La Libertad, 28-9-1933, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 27-3-1935, p. 9.
  3. El Compostelano, 22-7-1937, p. 2.
  4. El Eco de Santiago, 19-8-1937, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 20-8-1937, p. 5.
  6. El Compostelano, 9-3-1938, p. 2.
  7. BOE, 20-8-1942, p. 3296.
  8. BOE, 18-8-1943, p. 8026.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar