Adolfo Muíños
Adolfo Francisco Muíños Sánchez,[1] nado en Santiago de Compostela en 1966, é un político galego do BNG.
Adolfo Muíños | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1966 |
Santiago de Compostela, ![]() | |
Organización | Bloque Nacionalista Galego |
Profesión | Político |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1995 foi educador do Concello de Santiago e despois director de Actividades de Tempo Libre. É membro activo de diferentes colectivos culturais como a asociación cultural Barbantia e a asociación de música e baile tradicional Vai de Roda de Rianxo, localidade na que se instalou coa súa familia.
Anteriormente militante do PSG-EG, incorporouse nos anos 90 ao BNG, sendo responsable local en Rianxo a partir de 2003. Foi elixido concelleiro na localidade tralas municipais de 2007, como número 2 da candidatura. Foi candidato á alcaldía de Rianxo en 2011, sendo alcalde dese municipio dende o 11 de xuño dese mesmo ano. Nese primeiro mandato gobernou en coalición co PSdeG-PSOE de Carlos Gey Hermo. Nese mandato foi deputado provincial a partir de 2012. Tralas municipais de 2015 encabezou un goberno en minoría e como a forza máis votada, aínda que volveu ser investido co apoio dos socialistas. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía [2], conformando un goberno de coalición co PSdeG-PSOE de Carmen Figueira Ares. En novembro de 2022 anunciou que non se presentaría á reelección en 2023, cedendo o liderado do BNG a Xusto Xosé Ordóñez[3].
Predecesor: Pedro Piñeiro Hermida |
Alcalde de Rianxo 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Vida persoalEditar
Está casado e ten dous fillos.
NotasEditar
- ↑ "Nome do Adolfo en galiciaparaelmundo.com". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ Concello de Rianxo na FEGAMP
- ↑ Muíños pone fin a su etapa de alcalde de Rianxo y cede el testigo a Xusto Ordóñez