Abrir o menú principal

Adolfo Calzado Sanjurjo

Adolfo Calzado Sanjurjo, nado en Bordeos cara 1840 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1909, foi un banqueiro, xornalista e político galego.

Adolfo Calzado Sanjurjo
Nacemento1840
 Bordeos
Falecemento23 de novembro de 1909
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Bordeos, onde estaban accidentalmente os seus pais, pasou a súa infancia en Sevilla onde estudou no colexio de Alberto Lista. Completou os seus estudos en Londres. Regresou a Vigo, onde se establecera a súa nai e alí publicou en El Miño a súa novela Alternativas. Marchou a Madrid onde se dedicou ao xornalismo e a literatura. Despois marchou a París, para dirixir co seu pai o Teatro italiano. Despois dedicouse aos negocios na bolsa e na banca francesa. Foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Amigo de Emilio Castelar, foi elixido deputado no Congreso polo distrito de Les Borges Blanques (1886 e 1893) como posibilista e polo de Balaguer (1898) como liberal. Foi elixido senador por Lleida en 1901. En París editou o periódico Los fondos públicos (1879-1882) de carácter político, literario e económico, e publicou os libros La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888). Tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Foi coleccionista de arte.

Foi pai de Alvaro Calzado.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar