Adolf Schmal
Adolf Schmal, nado en Dortmund o 18 de setembro de 1872 e finado en Salzburgo o 28 de agosto de 1919, foi un tirador de esgrima, ciclista e xornalista deportivo austríaco.
Adolf Schmal | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Felix Adolf Schmal |
Alcume | Filius e Schmal-Filius |
Nacemento | 18 de setembro de 1872 |
Lugar de nacemento | Dortmund |
Falecemento | 28 de agosto de 1919 |
Lugar de falecemento | Estado de Salzburgo |
Nacionalidade | Austria |
Ocupación | esgrimista, ciclista e xornalista |
Irmáns | Felix Schmal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adolf Schmal era coñecido como tirador da modalidade de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1896 Schmal xa tiña dúas vitorias e estaba en clara vantaxe cando, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981), fixo a súa entrada no estadio o rei grego e o torneo quedou anulado, volvendo a empezar e nesta segunda volta gañou só a Georgios Iatridis, quedando cuarto sobre cinco participantes.
Días despois deron comezo as probas ciclistas no Velódromo Neo Phaliron, quedando terceiro en 333 metros contra reloxo e 10 quilómetros pero o seu mellor resultado veu dous días despois ao gañar a proba de 12 horas, ao cubrir 314'997 km. Sobre a súa participación nos olimpiadas escribiu unhas memorias Wie ich einen olympischen Lorbeer verlor - und einen gewann que se publicaron en 1919. Despois de rematar a súa carreira atlética dedicouse ao automobilismo e co pseudónimo de "Filius“ e máis tarde de Schmal-Filius, converteuse nun dos xornalistas do motor máis importantes de Austria. Foi editor do Illustrierten Allgemeinen Radfahrerzeitung[1], foi cofundador con Felix Sterne, e director entre 1900 e 1919, do Allgemeine Automobil-Zeitung.
ObrasEditar
- Ohne Chauffeur. Ein Handbuch; 1904
- Die Kunst des Fahrens
- Eine Automobil-Reise durch Bosnien, die Hercegovina und Dalmatien. 1908
NotasEditar
- ↑ Volker Kluge: Olympische Sommerspiele – Die Chronik I. Sportverlag, Berlin 1997, ISBN 3-328-00715-6, S. 39