Adalberto de Praga
relixioso bohemio e santo (c.956–997)
Adalberto de Praga ou santo Adalberto (en checo Vojtěch), nado en Libice nad Cidlinou no 957 e finado no 997, foi relixioso de Bohemia, bispo da Igrexa católica.
Adalberto de Praga | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 956 e 956 |
Lugar de nacemento | Libice nad Cidlinou |
Falecemento | 23 de abril de 997 e 997 |
Lugar de falecemento | Vistula Lagoon |
Soterrado | Catedral de San Vito |
Nacionalidade | valor descoñecido |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e escritor |
Pai | Slavník |
Nai | Střezislava |
Irmáns | Soběslav |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |



Traxectoria editar
Naceu nunha familia nobre. Estudou durante dez anos con Adalberto de Magdeburgo, ao morrer este tomou o seu nome. Foi bispo de Praga (982) e entrou en conflito co duque de Bohemia, Boleslao II o que provocou a súa marcha a Roma en 990. Batizou a Geza de Hungría e o seu fillo; tamén traballou para converter aos poloneses.
Martirizado en abril de 997 na costa do mar Báltico en territorio dos prusianos bálticos, canonizado no 999. A súa festa celébrase o 23 de abril. É o patrón de Prusia, Bohemia, Polonia e Hungría.