Acta Única Europea
A Acta Única Europea (AUE) é un tratado internacional asinado en Alemaña e A Haia o 17 de febreiro e o 28 de febreiro de 1986 nesa cidade polos 12 países membros que nese momento formaban a Comunidade Europea. Entrou en vigor o 1 de xullo de 1987. Este acta contribuíu a institución da Unión Europea (UE) cinco anos despois.
Acta Única Europea | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | tratado da Unión Europea ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Luxemburgo ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Data | 17 de febreiro de 1986 ![]() | |||
Implicados | ||||
Asinante | Alemaña, Portugal, España, Grecia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Reino dos Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Bélxica e Italia ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Acta Única Europea pretendeu superar o obxectivo do Mercado Común para acadar o obxectivo do Mercado Interior que implicaría un espazo sen fronteiras interiores, no que a libre circulación de mercancía, persoas, servizos e capitais está garantida.
O obxectivo da libre circulación xa estaba recollido nos Tratados iniciais, pero ante o escaso éxito acadado, salvo na libre circulación de mercancías, a Acta Única Europea propuxo acadar o obxectivo nun prazo fixo: 31 de decembro de 1992. Este Tratado sementou as bases dunha política económica e monetaria que desembocaría na moeda única, o euro.
Principais puntos da Acta
editar- Establecemento das condicións xurídicas para a creación do mercado único, feito en realidade o 1 de xaneiro de 1993.
- Aparece un capítulo adicado á cohesión económica e social.
- Fortalecemento do sistema de cooperación política europea, nos campos de investigación, a tecnoloxía e medio ambiente.
- Mencionase por primeira vez nun documento de dereito primario a Cooperación Política Europea en materia de política exterior e de seguridade e defensa.
- Mellora das estruturas de decisión da Comunidade Europea, co fortalecemento dos dereitos do Parlamento Europeo.
- Establecemento do Tribunal de Xustiza de Primeira Instancia da Unión Europea para que asista ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea no seu traballo.
Expansión das políticas sociais
editarA AUE expandiu as súas competencias de política social para incluír a saúde e a seguridade no lugar do traballo ase como tamén o diálogo entre as empresas e os traballadores.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Texto da Acta Única Europea Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
Predecesor: Tratado de Bruxelas (1965) |
Acta Única Europea 1987 - 1993 |
Sucesor: Tratado da Unión Europea (1993) |