Acidose respiratoria
A acidose respiratoria é un trastorno do equilibrio ácido-base caracterizado por un pH inferior a 7,35 debido a unha patoloxía respiratoria.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A acidose prodúcese cando por mor dun problema ventilatorio vese elevada a presión parcial de dióxido de carbono (CO2). O aumento da CO2 produce un aumento dos protóns, causando unha baixada no pH sanguíneo. No organismo humano o CO2 disóciase nunha molécula de auga e nunha de ácido carbónico (H2CO3), e este á súa vez disóciase no ión bicarbonato e nun hidroxenión. A acumulación de CO2 ocasiona un aumento de hidroxenións e unha acidose.
Causas de acidose respiratoria
editarAs causas deste trastorno metabólico localízanse a nivel respiratorio. Unha malfunción deste é a causa do incremento da CO2. Son posibles varias causas:
- Alteracións no esqueleto: anomalías no tórax, como o pectus excavatum.
- Alteracións na musculatura respiratoria: poden ser doenzas xeneralizadas, coma a miastenia gravis ou localizadas, coma a parálise do diafragma.
- Alteracións nos centros respiratorios do sistema nervioso central, localizados no bulbo raquídeo ou na protuberancia. Un dos máis comúns é unha inxesta excesiva de depresores do sistema nervioso, como poden ser os barbitúricos ou derivados mórficos.
Complicacións
editarA depresión respiratoria pode producir unha parada cardiorespiratoria ou diversas arritmias, incluíndo fibrilación ventricular. A acumulación excesiva de CO2 pode producir en casos leves cefalea e vómitos. En casos máis graves produce unha vasodilatación periférica e risco de shock distributivo. A súa toxicidade sobre estruturas vasculares pode producir o fenómeno contrario de vasoconstrición.
Tratamento
editarDe forma xenérica pode ser precisa ventilación mecánica. Nalgunhas intoxicacións, o bicarbonato permite alcalinizar os ouriños e eliminar parte do tóxico, que adoita ser unha substancia ácida débil.
Na maioría dos casos é imprescindible o tratamento etiolóxico adoitado.
Notas
editar- Harrison, Principios de Medicina Interna 17ª edición. Páxina 292 (en castelán) ISBN 978-970-10-6676-8