Accidente aéreo en Tver en 2023

O accidente aéreo en Tver tivo lugar o 23 de agosto de 2023 cando un avión Embraer Legacy 600, supostamente en ruta dende Moscova a San Petersburgo, esnafrouse preto da localidade de Kuzhenkino, no óblast de Tver, matando aos seus 10 ocupantes.[1] A Axencia Federal Rusa de Transporte Aéreo confirmou a través de Telegram que entre os sete pasaxeiros atopábanse o líder do Grupo Wagner Evgueni Prigozhin e Dmitry Utkin, un comandante e cofundador do grupo.[1][2][3][4]

Accidente aéreo en Tver en 2023
O Legacy 600 accidentado fotografado en 2022
Resumo
Data  23 de agosto de 2023
Causa  en investigación
Lugar  Kuzhenkino, óblast de Tver, Rusia
Coordenadas  Coordenadas: 57°44′52″N 33°57′15″L / 57.747777777778, 33.954166666667
Finados  10 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Embraer Legacy 600
Rexistro  RA-02795
Pasaxeiros  7
Tripulación  3

Os datos de Flightradar24 amosan que o avión experimentou variacións de altitude pouco normais antes de esnafrarse. As evidencias visuais suxiren un fallo estrutural no aparello. A intelixencia occidental dixo que unha explosión probablemente causou o accidente do avión.[5]

Antecedentes editar

En xuño de 2023 o Grupo Wagner, unha compañía privada rusa de mercenarios liderada por Evgueni Prigozhin, rebelouse brevemente contra o goberno ruso. Prigozhin desafiou abertamente o réxime do presidente Vladimir Putin a pesar do seu papel anterior como aliado destacado. A rebelión resolveuse a través de negociacións que permitiron a Prigozhin evitar un castigo, aínda que algúns analistas falaron posteriormente del como un "morto andante".[6][7] O día do accidente, Prigozhin regresara supostamente dunha viaxe a África.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Foy, Henry; Seddon, Max; Ivanova, Polina; Schwartz, Felicia (2023-08-23). "Yevgeny Prigozhin in fatal plane crash, Russian officials say". Financial Times. Consultado o 2023-08-24. 
  2. Troianovski, Anton (2023-08-23). "Russia-Ukraine War: Prigozhin Listed as Passenger on Plane That Crashed, Killing All Aboard". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-08-24. 
  3. "Росавиация". Telegram. Consultado o 2023-08-24. 
  4. "Wagner Group commander Dmitry Utkin was on plane that crashed north of Moscow, Russian civil aviation authority says". Sky News (en inglés). Consultado o 2023-08-24. 
  5. Troianovski, Anton; Barnes, Julian E.; Schmitt, Eric (2023-08-24). "Here’s the latest on the plane crash.". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-10-06. 
  6. "Was Wagner chief Yevgeny Prigozhin a dead man walking?". BBC News (en inglés). 2023-08-23. Consultado o 2023-08-24. 
  7. "Wagner boss Prigozhin's years of living dangerously". BBC News (en inglés). 2023-08-23. Consultado o 2023-08-24. 
  8. "Plane Carrying Yevgeny Prigozhin Crashes in Russia". The Moscow Times (en inglés). 2023-08-23. Consultado o 2023-08-24.