Abu Dhabi Al Oula

Abu Dhabi Al Oula (en árabe تلفزيون (مرناة) أبوظبي ) é unha cadea de televisión árabe que comezou no ano 1969; no 2000 foi relanzada de novo e outra vez relanzada no ano 2008. Emite dende Abu Dabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos e a propiedade é do Abu Dhabi Media Company. Aínda que sexa unha canle xenérica, Abu Dhabi TV foi famosa pola súa cobertura informativa na Guerra do Iraq en 2003.

Abu Dhabi TV está xestionada polo maior grupo de medios dos Emiratos Árabes Unidos, Abu Dhabi Media Company.[1] ADMC, a maior e máis diversificada empresa de medios de comunicación no mundo árabe, goza de independencia editorial e administrativa. Co relanzamento no ano 2000, a canle tivo certa dependencia dos fondos estatais do goberno a través do Ministerio de Información e Cultura, ata que pasou formar parte da actual Abu Dhabi Media Company, na que o ministerio deixou de inxectar fondos públicos en febreiro de 2006. As operacións EMI inclúen na actualidade[cando?] tres canles de televisión por satélite, sete canles de radio e tres publicacións de prensa.

Abu Dhabi TV emite o seu telexornal cada tres horas. Produce aproximadamente o 60% da programación que emite, incluíndo programas de política, asuntos de actualidade emiratí como do mundo árabe e a nivel internacional, programas de carácter cultural, documentais, programas de entretemento, series e telenovelas. Abu Dhabi TV emite cos seus respectivos sinais por satélite ao Mundo árabe, Norte América, Europa, América do Sur, e Australia.

A canle é ben coñecida no mundo árabe a raíz dun programa chamado Million's Poet.

A emisión de Abu Dhabi TV de forma analóxica deuse por finalizada o 13 de febreiro de 2012.

Series de televisión editar

  • Adını Feriha Koydum (serie turca)
  • Bir Çocuk Sevdim (serie turca)
  • Kurtlar Vadisi serie turca)
  • ask ve ceza (serie turca)
  • Ömre Bedel (serie turca)
  • Doktorlar (serie turca)
  • Ezel (serie turca)
  • Acı Hayat (serie turca)
  • Canan (serie turcas)
  • Sortilegio (telenovela de México)
  • Cuidado con el Ángel (telenovela de México)
  • Teresa (telenovela de México)
  • Mujeres Asesinas (telenovela de México)
  • Triunfo del Amor (telenovela de México)
  • La Usurpadora (telenovela de México)
  • Mi Pecado (telenovela de México)
  • Amores Verdaderos (telenovela de México)

Logotipos na emisión editar

O logotipo de Abu Dhabi TV foi lanzado no 1969.

Entre xuño de 2000 e outubro de 2008 Abu Dhabi Al Oula incorpora un novo logotipo e unha nova identidade corporativa.

Desde outubro de 2008 Abu Dhabi Al Oula ficou cunha nova identidade nova en Internet, de logotipo e programación. O novo "look" foi levado a cabo polo deseñador gráfico Lambie Nairn e a súa banda sonora foi composta por David Lowe o cal produciu a famosa canción da canle británica BBC News.[2]

Canles irmáns editar

Ademais de Abu Dhabi TV, tamén dispón doutras canles irmáns como Abu Dhabi Al Emarat (Emirates TV), Abu Dhabi Al Riyadiya (Abu Dhabi Sports TV), Abu Dhabi Drama (Abu Dhabi Drama TV) e Abu Dhabi Al Oula +1.

Notas editar

  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010. Consultado o 08 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar