Abrir o menú principal

Abu Bakr al-Baghdadi

Abu Bakr al-Baghadadi, nado en Samarra en 1971 e finado en Barisha o 27 de outubro de 2019,[1] foi un xihadista iraquí, líder do Estado Islámico de Iraq e do Levante que se autoproclamou o 29 de xuño de 2014 califa so o nome de Ibrahim. Buscado polos Estados Unidos como terrorista,[2] a revista Time considerouno en 2013 o terrorista máis poderoso do mundo[3].

Abu Bakr al-Baghdadi
Mugshot of Abu Bakr al-Baghdadi, 2004.jpg
Nome completoإبراهيم عوَّاد إبراهيم علي البدري السامرَّائي
Nacemento28 de xullo de 1971
 Samarra
Falecemento27 de outubro de 2019
 Barisha
Causabombista suicida
NacionalidadeIraq e Apátrida
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade de Bagdá
Ocupacióngobernante
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Non se coñece moito da súa traxectoria vital, puido ser un imán antes da caída de Saddam Hussein[4] que podería xa estar en conexión con movementos salafistas[5], e segundo información aparecida en webs xihadistas conta cun doutoramento en estudos islámicos dunha universidade de Bagdad[6]. Logo da invasión norteamericana dirixiu pequenos grupos de militantes islamitas contrarios á presenza norteamericana ata que se integrou na organización iraquí de Al Qaida e presidiu o tribunal islámico da cidade de Rawa, preto da fronteira con Siria, onde segundo informacións xornalísticas gañou reputación pola súa brutalidade[7]. Detido polas forzas norteamericanas en 2005 estivo prisioneiro en Camp Bucca durante catro anos[8]. Tras a súa liberación integrouse no Estado Islámico de Iraq, onde tamén estaban os militantes de Al Qaida. Logo da morte do líder da organización, esta anunciou nun comunicado o 16 de maio de 2010 a elección de Abu Bakr como o seu novo dirixente. So o seu liderado, desde o outono de 2010, o grupo multiplicou os seus ataques, tanto contra os cristiáns e os xiítas como contra obxectivos gobernamentais e policiais. Entre os que salienta a toma de reféns o 31 de outubro de 2010, Día de Tódolos Santos, no interior da catedral de Bagdad, o que provocou a morte de 46 persoas.[9]

NotasEditar