Abridor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
O abridor é un trebello metálico utilizado para abrir botellas retirando a chapa. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca. Pola súa gran utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising, por exemplo, para envasadores de bebidas que incorporan o seu logotipo ou imaxe no mango.
TiposEditar
Entre os diferentes tipos de abridor, pódense destacar:
- O abridor de mango curto moi propio da hostalaría pois pódese transportar no peto. O seu movemento é de atrás a adiante esixindo maior esforzo e habilidade ca os de mango longo. Tamén pode ser pregable combinado cun tirarrollas ou integrado nunha navalla suíza.
- O abridor con cabeza arredondada cuxo movemento de apertura é de adiante a atrás. Por veces, combínase cun sacarrollas de ás.
- O apegado a unha parede ou integrado nun recipiente que se emprega para recoller as chapas.
Galería de imaxesEditar
Abridor combinado cun sacarrollas de ás.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abridor |