O sacarrollas[1] é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.[2]

Sacarrollas sinxelo.
Sacarrollas de ás.

Tipos editar

Existen diferentes tipos de sacarrollas:[3]

  • De botella, o máis habitual que á súa vez adopta diferentes formas.
    • Pregable, propio de hostalería, xa que se pode levar no peto.
    • De ás que se erguen ó introducir a barrena, facilitando así a extracción ó facer panca. É moi común no ámbito doméstico.
  • De parede, acaroado á parede e que se acciona por sistema de panca.
  • De láminas ou lingüetas - consistente en dúas láminas metálicas que se introducen nos laterais do pescozo da botella extraendo deste xeito a rolla intacta. Tamén permite reintroducir o tapón.
  • De aire comprimido - inxéctase aire cunha bomba atravesando o tapón cunha agulla. A corrente de aire fai elevar o tapón, pero pode prexudicar a estrutura do viño, polo que é pouco utilizado.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrollas.
  2. O nome tirabuxón está moi documentado en diferentes fontes coma: X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas n'El Pueblo Gallego)
  3. Segarra Montaner, Oriol (2004). Winesoft: El software para aficionados al vino. AMAT. p. 190. ISBN 9788497351201. Consultado o 18 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar