Abres, Anxeriz, Tordoia
Abres é un lugar da parroquia de Anxeriz no concello coruñés de Tordoia, da comarca de Ordes. Segundo o IGE, en 2022 tiña 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres)[1], o que supón unha forte diminución con respecto ao ano 2013, cando tiña 61 habitantes.[2]
Abres | |
---|---|
Parroquia | Anxeriz |
Concello | Tordoia |
Coordenadas | 43°05′48″N 8°39′46″O / 43.096749399435, -8.6627942388038 |
Poboación | 34 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Etimoloxía
editarCrese que a orixe deste topónimo é prerromana. Para Edelmiro Bascuas, contén a raíz hidronímica europea *Ab-, co significado de auga ou río.
O máis probable que este topónimo se corresponda co que aparece como complemento onomástico no nome de Fernando ou Fernán Díaz de Abres, que se menciona en documentos de 1563 do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago e do Arquivo da Catedral de Santiago, onde ademais se encontra citada nun documento de 1592 "la aldea de Abres" na parroquia de Santa Marina d'Anxeriz.
Outros topónimos semellantes ou coa mesma raíz son A Ría de Abres (Trabada) e Santiso de Abres (Asturias).[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Anxeriz
editarLugares da parroquia de Anxeriz no concello de Tordoia (A Coruña) | |
---|---|
Abres | Brandoñas de Abaixo | Brandoñas de Arriba | As Casas Novas | O Empalme | A Folgueira de Abaixo | A Folgueira de Arriba | Niño do Corvo | O Pazo | A Pedrasalgueira | Pispieiro | O Pousadoiro | O Rapadoiro | O Ribeiro | A Torre | Vilasal |
Parroquias de Tordoia
editarNotas
editar- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Martínez, Lidia Gómez; Méndez, Luz. "Toponimia de Tordoia". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-07.