Abingdon-on-Thames
Abingdon-on-Thames é unha cidade e parroquia civil do condado de Oxfordshire de Inglaterra, Reino Unido, comunmente coñecida como Abingdon.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | ||||
Condado cerimonial | Oxfordshire | ||||
Distrito não-metropolitano (pt) | Vale of White Horse (en) | ||||
Parroquia civil en Inglaterra | Abingdon on Thames (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.130 (2011) (3.644,66 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,09 km² | ||||
Bañado por | Río Támesis | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | OX14 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01235 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | abingdon.gov.uk |
Xeografía
editarO municipio ocupa unha extensión de 9,09 km².
Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 33 130 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 645 hab./km².[2]
Abingdon está 8,9 km ao sur de Oxford e a 8 km ao norte de Didcot, no val do Támesis, na marxe dereita deste río, na súa confluencia co pequeno río Ock.
Comunicacións
editarAbingdon ten un aeroporto (Estación RAF de Abingdon, código IATA: ABB).
A cidade está situada na A145, entre Witney e Dorchester. Limita coa estrada nacional A34, estrada que une as autoestradas M4 e M40. As estradas B4017 e A4183 tamén pasan pola cidade.
Historia
editarAbingdon forma parte do condado de Oxfordshire desde 1974: antes formaba parte do de Berkshire.
Antes de 1867, Abingdon era a principal cidade do condado de Berkshire. Desenvolveuse arredor dunha abadía fundada no século VII. Foi unha cidade importante durante moito tempo, pero quedou algo marxinada no século XIX, en particular a favor de Reading, mellor comnicada polo ferrocarril.
A cidade agora benefíciase do dinamismo da rexión de Oxford e alberga varias empresas de novas tecnoloxías.
Cidades irmandadas
editarAbingdon está irmandada con: