Abertura (fonética)

En fonética, chámase abertura á amplitude que os órganos fonadores que, ao producirse unha articulación, conceden paso do aire. É moi variable (gradual), segundo os sons que se emitan. En galego a maior abertura corresponde á vogal a ([a]), mentres que a mínima ó i ([i]).

Trátase dun concepto relativo e oponse ó de pechazón.

Acusticamente, a abertura caracterízase no primeiro formante, que se sitúa en frecuencias máis altas canto máis aberta sexa a vogal.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar