Abelia chinensis

especie de planta
Abelia chinensis

Abelia chinensis en flor
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Orde: Dipsacales
Familia: Caprifoliaceae
Xénero: Abelia
Especie: Abelia chinensis
Nome binomial
Abelia chinensis
R.Br.
Variedades

A. chinensis var. ionandra

Abelia chinensis é o nome botánico dunha das especies máis resistentes do xénero Abelia. Trátase dun arbusto de até 2 m de altura, extenso e frondoso, orixinario da China.

Inflorescencia.
Vista da planta.

Descrición editar

Caducifolio ou semicaducifolio, de talo arroibado, os espécimes novos cubertos dunha leve pubescencia desa mesma cor. Follas ovadas, coas marxes lixeiramente dentadas, de cor verde clara brillante que se tornan moradas en outono, agudas, de base atenuada ou redondeada, de 2,4-4 × 1-3 cm. Pequenas flores durante o verán e principios do outono, de cheiro suave, distribuídas en pequenas panículas brancas, dispostas normalmente en pares sobre cada pedúnculo. Cáliz con 5 sépalos, oblanceolados,[1] lixeiramente tomentosos,[2] duns 6 mm de longo, rosa pálido que permanece bastante tempo despois da caída da flor. Corola en forma de funil, duns 12 mm de lonxitude, de cor branca ou tirando a rosado. Os estames e carpelo sobresaen á corola.

Usos editar

Na xardinaría utilízase para arriates e parterres, sebes etc. Tamén é apropiada como planta melífera.

Outros datos editar

  • Foi descuberta en 1817 por Clarke Abel durante a súa estancia na China
  • Pódese multiplicar por esgallos e porbaixa
  • Prospera en solos fértiles e ben drenados, a pleno sol ou semisombra. Non aguanta ben as xeadas.

Taxonomía editar

Abelia chinensis foi descrita por Robert Brown e publicado en Narrative of a Journey in the Interior of China App. B: 376. 1818.[3]

Etimoloxía

Abelia: nome xenérico outorgado por Robert Brown en 1818 na honra do médico e naturalista británico Clarke Abel (1780 - 1826) que o introduciu en Europa desde China, onde se descubriu o xénero.

chinensis: epíteto xeográfico que alude a súa localización na China.

Sinonimia
  • Abelia hanceana Mart. ex Hance
  • Abelia rupestris Lindl.
  • Linnaea aschersoniana Graebn.
  • Linnaea chinensis (R. Br.) A. Braun & Vatke
  • Linnaea rupestris (Lindl.) A. Braun & Vatke[4][5]

Notas editar

  1. En forma de lanza inversa.
  2. Capa de pelos que cobre a súa superficie.
  3. "Abelia chinensis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  4. "Abelia chinensis en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2013. 
  5. "Abelia chinensis". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19-08-2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RODD; Tony (2003). Gordon Cheers, ed. Botánica. ISBN 3-8331-2158-0. 
  • Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  • Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Curcurbitaceae through Valerianaceae with Annonaceae and Berberidaceae). 19: 1–884. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.