Abelardo Nieto Núñez
avogado e político galego
Abelardo Nieto Núñez del Cañal, nado en Santiago de Compostela en 1890 e finado en Ourense o 18 de febreiro de 1935[1], foi un avogado e político galego.
Abelardo Nieto Núñez | |
---|---|
Nacemento | 1890 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 18 de febreiro de 1935 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Dono do pazo da Cavadiña en Astariz (Castrelo de Miño). Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Sobriño de Felipe Romero Donallo, foi membro do Partido Liberal na facción de Manuel García Prieto[2]. Membro da Liga de Amigos de Santiago, foi deputado provincial da Coruña polo distrito de Santiago de Compostela (1917-1923)[3], e gobernador civil de Almería, e logo de Castelló en marzo de 1931[4]. Finou en Ourense atropelado por un automóbil.[5]
Notas editar
- ↑ La Zarpa, 20-2-1935, p. 1,
- ↑ El Compostelano, 2-3-1931, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-2-1935, p. 15.
- ↑ El Compostelano, 2-3-1931, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego 19-2-1935, p. 15, 16.