Abel Ares Pérez

guerrilleiro antifranquista

Abel Ares Pérez, nado en Toural dos Vaos o 29 de marzo de 1909 e finado na mesma vila o 12 de setembro de 1998, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.

Abel Ares Pérez
Nacemento29 de marzo de 1909
 Toural dos Vaos
Falecemento12 de setembro de 1998
 Toural dos Vaos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militante socialista, participou na revolución de 1934 e pasou un tempo na cadea. Tras a sublevación franquista de 1936 participou na defensa de Fabeiro e combateu co exército republicano na fronte de Asturias, chegando ao grao de tenente. Tras a caída de Asturias volveu ao seu lugar natal, pasou varios meses agochado un burato nos arredores de Toural dos Vaos, e posteriormente organizou unha partida guerrilleira que actuou no Bierzo occidental. En 1942 foi un dos dirixentes guerrilleiros que constituíron a Federación de Guerrillas de León-Galicia, Abel permaneceu como axudante de César Ríos quen estaba ao mando da I Agrupación. En decembro de 1948 decidiu marchar a Francia ao considerar que non había opción para o triunfo dos guerrilleiros. En Francia traballou como albanel e en 1992 volveu ao Bierzo.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6. 
  • Máiz, Bernardo (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo. Ed. Xerais.
  • Macías, Santiago (2005): El monte o la muerte. Temas de Hoy.