Abejorral
concello colombiano do departamento de Antioquia
Abejorral é un concello de Colombia, localizado na subrexión leste do departamento de Antioquia.[1] Limita polo norte cos concellos de Montebello, La Ceja, El Carmen de Viboral e La Unión, polo leste co concello de Sonsón, polo sur co departamento de Caldas e polo oeste cos municipios de Santa Bárbara e Montebello. A súa cabeceira municial dista 86 quilómetros de Medellín, capital do departamento de Antioquia e a 64 quilómetros do aeroporto internacional José María Córdova.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Antioquia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.287 (2018) (40,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 502 km² | ||||
Altitude | 2.275 m | ||||
Creación | 15 de xaneiro de 1811 | ||||
Sitio web | abejorral-antioquia.gov.co |
O municipio posúe unha extensión de 502 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 20 287 persoas (2018), das cales 7 910 viven na zona urbana e 12 377 na zona rural.
Notas
editar- ↑ "Alcaldia Municipal de Abejorral" (en castelán). Consultado o 2018-06-09.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abejorral |