Abrir o menú principal

O aeroporto internacional José María Córdova (IATA: MDEOACI: SKRG) é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.

Aeroporto José María Córdova
Aeropuerto Internacional José María Córdova

Aeropuerto Jose Maria Cordova-Exterior2.JPG

IATA: MDE – ICAO: SKRG
Sumario
Operador AirPlan
Cidade/Illa Medellín
Localización Rionegro
Elevación (msnm) 2 142 metros / 7 027 pés
Coordenadas 06°10′02″N 75°25′36″O / 6.16722, -75.42667Coordenadas: 06°10′02″N 75°25′36″O / 6.16722, -75.42667
Web aeropuertojosemariacordova.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 3 557 11 483 pavimento
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 7 567 624[1]

É o principal centro de conexións para a aeroliña de baixo custo Viva Colombia. Ten voos internacionais cara Estados Unidos, Panamá, Costa Rica, O Salvador, Venezuela, Ecuador, Perú, México, Curaçao e España. Opera ademais voos domésticos á meirande parte das grandes cidades colombianas, como Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartaxena, Santa Marta e a illa San Andrés. Tamén é un aeroporto importante para o tráfico de mercadorías, proporcionando transporte aéreo a moitos dos exportadores de flores do leste de Antioquia cara toda América e Europa.

Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu a abrir o seu tráfico reducíuse. Poreén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.

Índice

Aeroliñas e destinosEditar

NotasEditar

  1. Airplan (ed.). "Airplan en cifras". Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar