O Abckiria é o primeiro libro publicado en lingua finesa. Foi escrito por un relixioso chamado Mikael Agricola, e a súa primeira edición data de 1543.

Abckiria
Autor/aMikael Agricola
Lingualingua finesa
Data de pub.1543
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Agricola escribiu o libro mentres traballaba nunha primeira tradución ao finés do Novo Testamento, publicada en 1548 baixo o título de Se Wsi Testamenti.

O "Abckiria" era un método de ensinanza de lectura e escritura. Contén o alfabeto, exercicios de pronunciación, e un catecismo (incluído os Dez mandamentos e a oración do Noso Pai). A primeira edición contaba con 16 páxinas. A segunda, realizada en 1551, tiña 24 follas.

Fragmento editar

Actualmente, o fragmento máis popular da obra é o poema inicial:

Oppe nyt wanha / ia noori /
joilla ombi Sydhen toori.
Jumalan keskyt / ia mielen /
iotca taidhat Somen kielen.

("Aprende agora, vello e novo, que tedes tenro o corazón, os mandamentos e entendemento de Deus, así coñeceredes a lingua finesa.")