Abaltzisketa
Abaltzisketa é un concello da provincia de Guipúscoa (País Vasco), que conta cunha extensión de 11,18 km²; e unha poboación de 304 habitantes (2007). Atópase na parte suroriental de Guipúscoa, dentro da comarca de Tolosaldea. Abaltzisketa sitúase nos contrafortes da Serra de Aralar, nas faldras do monte Txindoki (1318m), que ademais marca o punto máis elevado do municipio.
Alcume | txalburuak | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Guipúscoa | ||||
Comarca | Tolosaldea | ||||
Capital | Abaltzisketa (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 326 (2023) (29,16 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 11,18 km² | ||||
Altitude | 370 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1615 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jon Zubizarreta Aldaya (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20269 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 20001 | ||||
Sitio web | abaltzisketa.net | ||||
A parte meridional do termo municipal está incluída dentro do Parque Natural de Aralar.
Trátase dunha localidade eminentemente rural. Existen 65 explotacións agrícolas e gandeiras censadas no municipio.
A lingua de uso común no territorio é o vasco, que domina case toda a poboación do municipio.
Resalta no concello a súa casa consistorial, de típico estilo vasco, situada na praza canda á Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista. A Igrexa en si é do século XVI, aínda que mantén a portada románica de transición do século XIII. Posúe unha torre-campanario, na que destaca unha das súas campás datada en 1.493 e realizada na mesma localidade.
Entre os casaríos dispersos polo termo municipal é recoñecido o Casarío Nahera-Haundi, exemplo de antiga construción vasca. Está no lugar de Sasiain.
O máis coñecido deste municipio é a paraxe de Larraitz, un barrio de casaríos dispersos. Nesta campa, enclavada ao mesmo pé do monte Txindoki, atópase a Ermida de Nosa Señora dos Remedios de Larraitz.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abaltzisketa |