Abadía de Saint-Martial de Limoges

A abadía de Saint-Martial foi un mosteiro da cidade de Limoges (Languedoc), fundado no século IX. Existiu como tal ata a revolución de 1789 e o seu edificio principal foi demolido a principios do século XIX, agás a cripta do século X (redescuberta en 1960) coa tumba do Santo Marcial, primeiro bispo de Limoges, e a de Santo Valeri, un lendario mártir de principios do cristianismo.

Pipino I de Aquitania ao seu retorno ao reino trala expedición ás terras fronteirizas do sur de Septimania (827) e de ser criado en Lión polo seu pai para unha nova campaña contra os sarracenos na mesma zona (que non se puido levar a termo) chegou á abadía de Saint-Martial de Limoges (828).

Música editar

A abadía foi o centro de varios avances na música medieval. Unha parte significativa do canto chan foi transcrito nela, incluído o St. Yrieix Gradual de canto gregoriano e raras físgoas do canto galicano. Xunto coas se1quentias compostas alí está Clangam, filii de c.850. A Escola de Saint-Martial de Limoges de mísicos inclúe unha parte substancial do repertorio de tropos e versus, así como unha forma antiga de polifonía rítmica aquitana, o primeiro repertorio substancial de polifonía actualmente coñecido.

É un lugar famoso pola súa música relixiosa secular do século XII. Alganhas das primeiras letras coas súas melodías dos trobadores foron tiradas de manuscritos da abadía, actualmente están custodiados na Bibliothèque Nationale.