Aarón Sánchez

futbolista galego

Aarón Sánchez Sánchez, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de extremo dereito e o seu equipo actual é o Coruxo Fútbol Club.

Aarón Sánchez
Información persoal
Nome Aarón Sánchez Sánchez
Nacemento 5 de febreiro de 1998 (26 anos)
Lugar de nacemento A Coruña, Galicia
Altura m
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Coruxo FC
Número 30
Carreira xuvenil
2013–2014 CD Calasanz
2014–2017 RC Deportivo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2018 Racing de Ferrol 9 (0)
2018–2019 Silva SD 34 (15)
2019–2020 RC Deportivo Fabril 29 (7)
2020–2021 SCR Peña Deportiva 14 (4)
2021– Coruxo FC 5 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de outubro de 2021
editar datos en Wikidata ]

É irmán da tamén futbolista Carlota Sánchez e fillo de Jose Sánchez, que xogou no Deportivo Fabril na década de 1980.[1]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, sendo elixido o mellor cadete de España en 2014.[2]

Despois de ser un dos xogadores destacados no Xuvenil, en 2017 disputou a pretempada co primeiro equipo do Deportivo[3] na que marcou un gol en Vilagarcía. Non obstante, ese verán acabou fichando polo Racing de Ferrol,[4] no que debuta en Segunda División B xogando 9 partidos.[2]

En 2018 ficha polo Silva SD, equipo no que xoga 34 partidos e marca 15 goles, converténdose nunha das revelacións da categoría.[5]

En xuño de 2019 regresa ao Deportivo da Coruña para xogar no Fabril as seguintes dúas tempadas.[5] A súa andaina no filial saldouse cun total de 7 goles en 29 partidos.[2]

En setembro de 2020 ficha pola SCR Peña Deportiva, equipo eivisenco da Segunda División B.[2]

En agosto de 2021 ficha polo Coruxo FC.[6]

Equipos editar

Tempada Equipo Categoría PX[7] G[7] TA TV
2017-2018   Racing de Ferrol 2ª B 9 0 2 0
2018-2019   Silva SD 34 15 8 0
2019-2020   Deportivo Fabril 29 7 5 0
2020-2021   SCR Peña Deportiva 2ª B 14 4 1 0
2021-2022   Coruxo FC 2ª RFEF 5 1 0 0

PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas editar

  1. "Los Sánchez están de moda". La Opinión A Coruña. 17 de marzo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "La Peña ficha dos puñales". Periódico de Ibiza. 21 de setembro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  3. "Chema, Aarón Sánchez y Pedro Alves iniciarán la pretemporada con el Deportivo". Riazor.org. 4 de xullo de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  4. "Aarón, una joya que se marcha". La Opinión A Coruña. 18 de agosto de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Aaron Sánchez, primer fichaje del nuevo Fabril". El Desmarque. 2 de xuño de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  6. "Yago Gandoi y Aarón Sánchez, últimos fichajes del Coruxo". Faro de Vigo. 31 de agosto de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Aarón Sánchez". lapreferente.com. Consultado o 26 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar