Aarón Martín

futbolista español

Aarón Martín Caricol, nado en Montmeló o 22 de abril de 1997, é un futbolista catalán que xoga na posición de defensa nas filas do 1. FSV Maguncia 05 da 1 Bundesliga.

Aarón Martín
Información persoal
Nome Aarón Martín Caricol
Nacemento 22 de abril de 1997
Lugar de nacemento Montmeló
Altura 180 centímetros
Posición defensa
Na rede
UEFA: 250065308 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou como futbolista nas categorías inferiores do R. C. D. Espanyol.[1] En 2013 pasou a formar parte do Xuvenil A do equipo branquiazul, para se incorporar ao equipo filial, o Real Club Deportivo Espanyol B ao comezo da tempada 2014-15[2]. O 16 de xaneiro de 2016 marcou o seu primeiro gol como sénior, nunha vitoria por 2–0 na casa contra do CF Reus Deportiu[3].

Tras ser titular indiscutible durante toda a tempada o 13 de xuño de 2016 renovou contrato co club ata o ano 2020, por mor do interese de varios clubs por facerse cos seus servizos[4]. Debutou nun partido oficial co primeiro equipo do Espanyol o 2 de outubro de 2016, na 7ª xornada da Primeira División española 2016-17 perante o Vilarreal CF no RCDE Stadium, ao incorporarse ao xogo no minuto 65 para substituír a José Antonio Reyes[1].

O 6 de agosto de 2018 o R. C. D. Espanyol fixo oficial a cesión pola tempada 2018-2019 do xogador ao 1. FSV Maguncia 05 coa obriga de compra de xogar 10 partidos co conxunto alemán.[5]. Debutou na Bundesliga o 26 de agosto, nunha derrota por 1–0 na casa fronte ao VfB Stuttgart nun partido no que xogou os 90 minutos.[6]. O 5 de novembro de 2018 asinou contracto definitivo co club alemán[7].

Xogou cinco encontros, tres como titular[8], ao comezo da tempada 2020-21 con cada volta menos tempo o 31 de decembro de 2020 asinou polo R. C. Celta de Vigo, e volveu así á liga española, en calidade de cedido ata final de tempada[9]

Internacional editar

Aarón foi internacional coa selección de fútbol sub-15 e sub-19 de España. Formou parte do equipo que gañou o Campionato de Europa Sub-19 da UEFA 2015, e disputou o encontro final en Katerini ante a selección rusa.[10].

Debutou coa Selección de fútbol de Cataluña o 28 de decembro de 2016, como titular nun partido contra Tunisia que logo dos 90 minutos tiña o marcador 3–3 e que rematou en derrota 2–4 nos penaltis[11].

Clubs editar

Club Liga Ano Partidos Goles
R. C. D. Espanyol "B" España 2014-2016 36 1
R. C. D. Espanyol España 2016-2018 66 0
1. FSV Maguncia 05 Alemaña 2018-2020 86 1
R. C. Celta de Vigo (cedido) España 2020-2021 20 0
1. FSV Maguncia 05 Alemaña 2021-2022 21 1

Palmarés editar

Títulos internacionais editar

Título Equipo Sede Ano
Eurocopa Sub-19 España   Grecia 2015
Eurocopa Sub-21 España Italia Italia 2019

Notas editar