Aadu Hint

escritor estoniano

Aadu Hint ( Adolf Edmund Hint) nado o 10 de xaneiro de 1910 en Külasema e finado o 26 de outubro de 1989 en Tallin, foi un escritor estoniano.

Aadu Hint
Nacemento10 de xaneiro de 1910
Lugar de nacementoMuhu
Falecemento26 de outubro de 1989
Lugar de falecementoTalín
SoterradoEstonia
NacionalidadeEstonia, Unión Soviética e Imperio Ruso
Ocupaciónescritor, mestre, político e xornalista
FillosMiina Hint, Eeva Park e Mare Zaneva
IrmánsJohannes Hint
PremiosOrde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Bandeira Vermella do Traballo e Honored Writer of the Estonian SSR
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aadu Hint naceu na illa de Muhu mais pasou gran parte da súa infancia na aldea de Kuusnõmmes, na illa de Saaremaa. Entre 1923 e 1929 estudou no instituto en Kuressaare e tras graduarse traballou como profesor de primaria na escola da aldea de Rootsiküla e de 1936 a 1940 foi profesor en Tartu. En 1940 ingresou no Partido Comunista de Estonia e foi editor da revista cultural Viisnurk. Durante a Segunda Guerra Mundial e a ocupación alemá de Esonia (1941-1944) loitou no Exército Vermello e foi membro do Consello Supremo de Estonia e do Soviet Supremo da URSS e entre 1945 e 1946 foi presidente da Asociación de Pescadores de Estonia.

Obra literariaEditar

Desde 1946 ata a súa morte Hint dedicouse case exclusivamente á creación literaria pero xa empezara a escribir antes, na década de 1930. En 1934 publicou a novela Pidalitõbi e en 1936 apareceu Vatku tõbilas, ambas as dúas tratan o tema da lepra na illa de Saaremaa. En 1937 deu ao prelo unha novela psicolóxica Kuldne värav, á que lle seguiu en 1939 Tulemees, onde trata dun tema que será recurente no resto das súas obras, a vida dos pescadores de Saaremaa e a súa relación co mar. Despois da guerra escribiu Vesse poeg (1948) e Angerja teekond (1950) dirixidas aos lectores xuvenís e os dramas Tagaranna meeste kalakuunar (1947) e Kuhu lähed, seltsimees direktor (1949) . Entre 1951 e 1966 apareceron os catro volumes da que se considera a súa obra mestra Tuuline rand no que describe a vida de varias xeracións de humildes familias das illas estonianas ao longo do século XIX e principios do XX, que recibiu críticas das autoridades soviéticas por non facer fincapé na amizade soviético-estonianas e na revolución proletaria, o que provocou que en edicións posteriores do primeiro volume Hint engadiu pormenores da revolución en Tallin[1].

NotasEditar

  1. HASSELBLATT, Cornelius, Geschichte der estnischen Literatur (2006). Berlin, New York, pp. 554-556 e 599-602