A orixe do mundo
pintura de Gustave Courbet
A orixe do mundo (en francés: L'Origine du monde) é un cadro realizado por Gustave Courbet en 1866.
A orixe do mundo | |
---|---|
![]() | |
Artista | Gustave Courbet |
Data | 1866 |
Técnica | Óleo sobre lenzo |
Dimensións | 46 cm cm × 55 cm cm |
Localización | Museo de Orsay (París) |
CaracterísticasEditar
É unha pintura ao óleo sobre lenzo, duns 55 centímetros por 46 centímetros, que representa en primeiro plano unha pube e o tronco espido dunha muller reclinada sobre as sabas dun leito e que ten as pernas separadas. A escala, o encadramento e o punto de vista elixidos polo artista supuxeron unha radical novidade respecto a toda a tradición pictórica anterior, producindo no espectador unha forte impresión de sensualidade e erotismo. Hoxe atópase exposto no Museo de Orsay, en París.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Le ça d'Orsay, reportaxe en L'Express en 1995. (en francés)