A fiya del xastre

A fiya del xastre é unha curtametraxe de 2011. Trátase do primeiro filme de ficción rodado en galego de Asturias.[2] Dirixiuno Marisa López Diz empregando lugares do concello de Grandas de Salime.

A fiya del xastre
Fotograma da curtamentraxe A fiya del xastre.
Ficha técnica
DirectorMarisa López Diz
GuiónMarisa López Diz
Baseado enA fiya del xastre (relato)
IntérpretesElsa Pérez García
Jose Alberto R. Andreolotti
Luis M. Suárez
MúsicaDúo Mestura
Estrea31 de marzo de 2012[1]
Duración18 minutos
OrixeAsturias Asturias

Sinopse editar

Trátase da historia dunha costureira que agocha nas pezas de roupa que confecciona herbas coas que conxurar a boa sorte e facer realidade os desexos da xente. Nunha ocasión acolle a un rapaz que non tiña onde pasar a noite e faille unha chaqueta cunha desas herbas. Ao día seguinte sábese a nova de que a Garda Civil anda na procura dun fuxido. Despois duns anos, a costureira recibe un día unha carta cunha soa palabra, "grazas".

 Personaxes editar

  • Elsa Pérez García: Filla do xastre
  • Jose Alberto R. Andreolotti: Xastre
  • Rodrigo Pérez González: Veciño do xastre 1, carteiro
  • Lucía Sánchez García-Conde: Veciño do xastre 2
  • María Luisa Rodríguez Álvarez: Veciño do xastre 3, Balbina
  • Luis M. Suárez: Forasteiro
  • Elena Pérez González: Veciño da tenda
  • Avelino López Ledo: Veciño do barbeiro
  • Marisa López Diz: Narradora

Guión editar

Está baseado no relato homónimo de Marisa López Diz gañador do XVII Premio Xeira (2007) de narracións curtas.[3]

Recoñecementos e premios editar

  • Premio do público no I Certame de curtametraxes sobre cine rural en Saldaña (Palencia).[2]
  • Premio á mellor curta rodada en Asturias “Ribadedeva en Corto” (2014).[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar