A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns

pintura de Jacques Laumosnier

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns (en francés: Entrevue de Louis XIV et de Philippe IV dans l'île des Faisans), é unha pintura ó óleo sobre lenzo obra do pintor Jacques Laumosnier en 1660.[1]

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns

Tipopintura Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoretrato Editar o valor en Wikidata
Materialpintura ao óleo e lenzo Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aLaumosnier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalMeeting on the Isle of Pheasants (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Data de creación1660 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura89,1 cm Editar o valor en Wikidata
Anchura130 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónMuseu de Tessé (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ColecciónMuseu de Tessé (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

A Guerra dos Trinta Anos que enfrontaba aos reinos dos Habsburgos e os seus aliados contra aqueles reinos contrarios ao poder destes, enfrontou a España e Francia por este motivo. A guerra entre ambos reinos durou dez anos e finalizou coa derrota española na batalla das Dunas de 1658 e coa sinatura do Tratado dos Pireneos o 7 de xullo de 1659 na illa dos Faisáns, situada sobre o río Bidasoa que separa ambos países.

Descrición

editar
 
Tapiz de Charles Le Brun[2] representando a mesma escena situado na Embaixada de Francia en Madrid.

A pintura representa o encontro entre o rei Lois XIV de Francia e Filipe IV de España na illa dos Faisáns o 7 de xuño de 1659, no cal o monarca español entregaba á súa filla María Tareixa ao francés como esposa.[3] O encontro serviu tamén para asinar o Tratado dos Pireneos, que poñía fin á guerra dos Trinta Anos.

Polo lado francés poden verse á raíña viúva Ana de Austria, irmá do rei de España e nai do francés. Tamén aparecen o duque Filipe I de Orleáns e o cardeal Jules Mazarin –plenipotenciario do rei–.[2][3]

Pola parte española, o rei Filipe IV aparece acompañado da súa filla María Tareixa, o seu fillo e herdeiro Carlos, o Conde-Duque de Olivares Luis de Haro –plenipotenciario do rei–,[2] e un dos organizadores do encontro Diego Velázquez, que nese momento contaba con sesenta anos de idade.[3]

  1. "Joconde - Portail des collections des musées de France" (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ambassade de France à Madrid (3 de xuño de 2016). "Tapices de los Gobelinos" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hélène DUCCINI. "« Le traité des Pyrénées », Histoire par l'image [en ligne]," (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

editar