A casa das belas adormentadas
A casa das belas adormentadas (xaponés: 眠れる美女, Nemureru bijo) é unha novela curta do escritor nipón Yasunari Kawabata, publicada en 1961. Conta a historia dun home solitario, o vello Eguchi, quen adoita visitar a Casa das Belas Adormentadas coa esperanza de atopar algo máis na súa vida. Foi publicada en galego por Rinoceronte Editora, con tradución de Mona Imai.[1]
A casa das belas adormentadas | |
---|---|
Autor/a | Yasunari Kawabata |
Orixe | Xapón |
Lingua | Xaponés |
Data de pub. | 1961 |
Primeira edición galega | |
Editorial | Rinoceronte Editora |
Data de pub. | 2007 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarA casa que da nome á obra é un establecemento onde homes vellos pagan para durmir xunto con rapazas novas, as belas adormentadas, que están drogadas e espidas. Os anciáns deben tomar tamén pílulas para durmir, evitando calquera comportamento de mal gusto. Eguchi dorme sempre con mozas distintas, xa que visita a casa sen previo aviso. Ao descubrir que todas elas son virxes, decide cumprir coas regras da casa. Cada unha das rapazas é descrita polo narrador, mesturando elementos dos seus soños.
Influencia
editarA trama da novela curta Memoria de mis putas tristes, do premio Nobel Gabriel García Márquez, está baseada nesta obra de Kawabata.[2]
Traducións
editar- A casa das belas adormentadas (2007). Tradución directa do xaponés de Mona Imai. Rinoceronte Editora.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Coetzee, J. M. (2006). "Sleeping Beauty". The New York Review (en inglés).
- Fraga, Xesús (2008). "«As traducións axudan moito a que a xente lea máis en galego»". La Voz de Galicia (en castelán).
- LG3 Literatura (2007). "A casa das belas adormentadas". culturagalega.gal. Consultado o 12 de xuño de 2024.