A batalla dos centauros (Michelangelo)

A Batalla dos centauros tamén coñecida como "Centauromaquia" é unha escultura en relevo en mármore do escultor Michelangelo datada preto de 1493 e que se garda no museo da Casa Buonarroti de Florencia. As súas medidas son de 84,5 x 90,5 cm.

Centauromaquia.

Está realizada en mármore de Carrara doado por Lourenzo o Magnífico para a súa realización, Ascanio Condivi resalta na súa biografía sobre Michelangelo, que foi executada pouco antes da defunción de Lourenzo cara a principios de 1492. O relevo representa a batalla entre os gregos e os centauros e seguramente a idea suxeriulla un bronce de Bertoldo imitando a batalla dun sarcófago romano e que se atopaba naquel tempo no palacio dos Medici.

Representa a acción do rapto da princesa Hipodamia (esposa de Pirítou) por un centauro, historia relatada por Ovidio, a princesa atópase de costas, e a metade das figuras que serían os centauros, soamente vese a parte superior dos seus corpos, polo que dá a impresión que o relevo son todo espidos masculinos, ten un certo parecido co relevo do púlpito da catedral de Siena, dos condenados ao inferno de Nicola Pisano.

Contexto editar

 

Michelangelo contaba con 17 anos e traballaba baixo o patrocinio de Lourenzo de Medici cando elaborou a Batalla dos centauros; obra que non lle foi encargada por ninguén senón creada por el. A obra reflectía unha moda do momento que consistía na reprodución de temas antigos. Especificamente, Miguel Anxo inspirouse nun relevo que Bertoldo di Giovanni producira Lourenzo de Medici, unha obra de bronce que colgaba no palacio dos Medici. Michelangelo optou por traballar o mármore, en lugar do bronce máis caro, para reducir os custos. A obra de Bertoldo, A batalla ecuestre na antiga forma —tamén coñecida como Batalla (con Hércules)- foi a recreación dun sartego romano danado e requiría imaxinación para cubrir os ocos deixados polo orixinal. Bertoldo tomouse outras liberdades co motivo orixinal e, parece, que se inspirou no gravado da Batalla dos espidos, de Antonio del Pollaiolo.

O novo escultor nunca rematou a obra.  Aínda que unha serie de biografías atribuíron isto á perda de poder da familia Medici , o biógrafo contemporáneo de Michelangelo, Eric Scigliano, sostén que Miguel Ángel tivo moito tempo para rematar a escultura se o escollera e sinala que isto só era o a primeira de varias esculturas "non finito", que preceden ao Taddei Tondo e Pitti Tondo .  Tamén sinala que Miguel Anxo non expresou descontento coa obra.

Se a escultura quedou ou non intencionadamente incompleta, Miguel Anxo considerou esta escultura como a mellor das súas primeiras obras.  Gardouno o resto da súa vida,  aínda que destruíu ou abandonou moitas das súas outras pezas. Remarcou ao seu biógrafo Ascanio Condivi que miralo facía arrepentirse do tempo que dedicaba a outras actividades que a escultura.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.